Severino Lagares Gundín
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1899 Vilasantar, España |
Morte | 4 de maio de 1951 (51/52 anos) A Coruña, España |
Alcalde de Vilasantar | |
xullo de 1936 – 1937 ← Antonio Iglesias Corral – Rafael Seijas Ladrón de Guevara → | |
Actividade | |
Ocupación | político, garda civil |
Severino Lagares Gundín, nado en Vilasantar en 1899 e finado na Coruña o 4 de maio de 1951, foi un garda civil que foi designado como alcalde de Vilasantar durante a guerra civil española.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do industrial José Larares Fandiño, que foi xuíz municipal de Vilasantar, Severino ingresou na Garda Civil.
O 5 de agosto de 1925 Manuel Blanco Fernández dirixíase ao serradoiro no que traballaba, cando ao pasar pola Ponte do Sapo recibiu dous disparos. Aínda que el non sospeitaba de ninguén, segundo o informe da Garda Civil os rumores apuntaban a Severino Lagares, fillo do dono da fábrica, aínda que ningún veciño se prestou a declarar por medo a represalias. O fiscal pedía dous anos, oito meses e dous días de prisión para Lagares, pero o caso pechouse por falta de probas.[1][2]
En marzo de 1936 foi detido e posto a disposición xudicial por celebrar unha reunión clandestina na súa casa.[3]
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, o alcalde democraticamente elixido, Antonio Iglesias Corral, da Fronte Popular, foi apartado do cargo (e máis tarde fusilado) e Severino Lagares foi designado para ocupar o seu posto.[4] Finou na Coruña o 4 de maio de 1951.[5]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María Mosquera Aller e foi pai de María de las Nieves, María Luisa, Julia e Jaime Lagares Mosquera.
Notas
[editar | editar a fonte]Predecesor: Antonio Iglesias Corral |
Alcalde de Vilasantar 1936 - 1937 |
Sucesor: Rafael Seijas Ladrón de Guevara |