Seseña
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Castela-A Mancha | ||||
Provincia | provincia de Toledo | ||||
Capital | Seseña | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 29.271 (2023) (402,74 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 72,68 km² | ||||
Altitude | 598 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Carlos Velázquez Romo (en) (2011–2019) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 45223 e 45224 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 45161 | ||||
Páxina web | ayto-sesena.org | ||||
Seseña é un concello español da provincia de Toledo, en Castela-A Mancha. É limítrofe coa Comunidade de Madrid e atópase a 36 km do centro de Madrid. Pertence á histórica comarca de La Sagra.
Tiña en 2015 unha poboación de 21.558 habitantes, repartidos en cinco núcleos de poboación: Seseña Viejo, La Estación, Seseña Nuevo (a 4 km do núcleo principal), Vallegrande e El Quiñón.
Historia
[editar | editar a fonte]Esta terra, pola súa proximidade a unha zona de regadío, está presente desde temperáns tempos, na historia da provincia de Toledo. No século XII, Afonso VIII dá ao bispo Alderico, da catedral de Sigüenza, unha herdade preto do Jarama e do Texo, que despois cambia o rei co bispo por un muíño en Berlanga. O mesmo soberano fixo concesións sobre as salinas de Las Espartinas. Foi vila do señorío do infante don Felipe, comprendido no estado de Chinchón. A vila repóboase a mediados do século XV, durante o reinado de Xoán II, que para mantela fai mercé aos seus veciños da metade do termo de Las Espartinas; doazón que logo confirma o seu sucesor Henrique IV.
En 1936, durante a Guerra Civil Española, tivo lugar a batalla de Seseña, unha confrontación que durou meses e que deixou a maioría de edificacións parcial ou completamente destruídas polo que se decidiu construír Seseña Nuevo (a 4 quilómetros de Seseña Viejo).
O 13 de maio de 2016 desátase na localidade o incendio do maior vertedoiro de pneumáticos de Europa, declarado ilegal xa en 2003, producindo unha columna de fume visible desde a cidade de Madrid. Foi unha das maiores catástrofes ambientais no país desde o afundimento do Prestige na costa galega.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Seseña |