Sen teito
Unha persoa sen teito ou sen fogar, é aquela persoa que non ten casa propia por motivos de pobreza, sexa por un estado de indixencia ou por unha catástrofe natural. Non inclúe o nomadismo, a ocupación ou fenómenos voluntarios.
Calcúlase que o problema afecta a uns 100 millóns de persoas,[1] especialmente en países subdesenvolvidos ou áreas urbanas.
O dereito á vivenda está considerado como un dereito humano fundamental de segunda xeración, recollido entre outros na Constitución española.
A indixencia é un estado de pobreza absoluta no cal o individuo non é quen de obter os medios mínimos para procurarse alimentos diarios. A indixencia prolongada acaba provocando o fenómeno coñecido como sen teito, polo cal a persoa perde a súa casa por no poder mantenrse a si mesmo. Está asociada coa mendicidade, xa que como no se teñen ingresos, usualmente por falta de traballo, recórrese á esmola ou á axuda social para subsistir.
Recentemente levouse a cabo un estudo sobre o sen fogarismo feminino en Galicia, "que representan aproximadamente o 15% das persoas sen fogar, as mulleres en situación de senfogarismo presentan unha situación de maior vulnerabilidade ca os homes".[2][3]
Notas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sen teito |
- ↑ Capdevila, Gustavo, "HUMAN RIGHTS: More Than 100 Million Homeless Worldwide", IPS, Geneva.
- ↑ Aguayo Lorenzo, E., Benito Torres, L., Cancelo Márquez, M. T., Díaz Vázquez, R., Expósito Díaz, P., & Freire Esparís, M. d. P. (2020). Estudo sobre senfogarismo feminino e violencia de xénero en galicia (Vázquez Rozas, Emilia ed.). Santiago de Compostela: Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Inclusión Social.
- ↑ "Conferencia sobre mujeres sin techo". La Voz de Galicia (en castelán). 2024-11-07. Consultado o 2024-11-17.