Segmento A
O segmento A é a primeira categoría do sistema de clasificación de automóbiles definido pola Comisión Europea.[1] Utilízase para coches de cidade, a categoría máis pequena, que se sitúa por encima dos microcoches e por baixo do segmento B.
En 2021 esta categorización abrangue os vehículos que miden aproximadamente entre 2,7 m e 3,7 m de longo, e que xeralmente teñen espazo suficiente para catro adultos, a diferenza dun microcoche que só ten cabida para dúas persoas.
Salvo escasas excepcións, a carrozaría é practicamente sempre hatchback ou monovolume; neste último caso denomínanse tamén "micromonovolumes". Os motores teñen como máximo catro cilindros e poucas veces superan os 1´6 litros de cilindrada.
Non hai designacións específicas para nomear a estes automóbiles, senón que conviven varios termos como "automóbiles (micro)urbanos", "cidadáns", "utilitarios" ou "pequenos". No Xapón existe unha categoría fiscal para estes automóbiles denominada kei car, que determina entre outros aspectos unha lonxitude menor a 3,4 m e unha cilindrada inferior a 660 cc.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "European classification for vehicle category, based in UNECE standards". European Alternative Fuels Observatory. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2019. Consultado o 2019.