Sebastián
- Este artigo trata sobre o nome, para o santo véxase Sebastián mártir.
Sebastián ou Sebaschán[1] (forma familiar como Bastián[2]) é un nome de varón na súa variante en galego. Deriva do nome latino Sebastianus co significado 'o que vén de Sebaste'. Sebaste é o nome dunha vila de Asia Menor[3] (hoxe en día Anatolia), que á súa vez deriva da verba grega σεβαστός (sebastos), "venerábel",[4] que vén de σέβας (sebas), "temor, reverencia",[5] á súa vez do verbo σέβομαι (sebomai), "sentir temor, escrúpulo, avergoñarse".[6] Sebastos foi a tradución grega do título Augusto, que usaban os emperadores romanos. Sebastián volveuse un nome moi común, moi especialmente en Galiza, por mor de que era o nome de San Sebastián, un mártir cristián do século III.
A forma feminina en galego é Sebastiana ou de forma familiar: Bastiana. Os hipocorísticos galegos son: Tián e Bastián.
Aínda que 13 parroquias teñen a San Sebastián coma padroeiro, o nome non é dos máis populares en Galiza (véxase: Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Sebastián); só 776 varóns levan o nome no país[cando?]; porén é popular no sur de España. Nalgúns países o nome incrementou a súa popularidade. Nos Estados Unidos foi o 98 nome máis popular dos nenos nados en 2008; o 86 en Inglaterra e Gales en 2007, o 38 no mesmo ano en Suecia, o 13 en Noruega, o quinto en Chile en 2006[7][8].
Santoral
[editar | editar a fonte]- 20 de xaneiro, San Sebastián, soldado, santo e mártir cristián do século III.
Variantes masculinas
[editar | editar a fonte]- Baschi (Suízo)
- Basse (Lingua sueca)
- Basti (Lingua inglesa), (lingua alemá)
- Bastiaan (lingua neerlandesa), (baixo saxón neerlandés)
- Bastian (Lingua inglesa), (Lingua alemá)
- Bastián (Lingua galega)
- Bastiano (Lingua italiana)
- Bastião (Lingua portuguesa)
- Sébastien, Bastien (Lingua francesa)
- Bastjan (Lingua maltesa)
- Boštjan (Lingua eslovena)
- Sebas (Lingua neerlandesa)
- Sebasuchan (セバスチャン) (Lingua xaponesa)
- Sebastià (Lingua catalá)
- Sebastiaan (Lingua neerlandesa)
- Sebastian (Lingua alemá)
- Sebastian (Lingua polonesa)
- Sebastián (Lingua española, Lingua galega)
- Sebas (Lingua española)
- Sebaschán (Lingua galega)
- Σεβαστός (Sevastos/Sebastos), Σεβαστιανός (Sevastianos/Sebastianos), Σεβαστίνος (Sevastinos/Sebastinos) (Lingua grega)
- Sebastián (Lingua eslovaca)
- Sebastiano (Lingua italiana)
- Sebastião (Lingua portuguesa)
- Sebaščan (Prekmurian)
- Sebastijan (Lingua croata), (Lingua eslovena)
- Sebastiyan (Lingua turca)
- Sebastjan (Lingua eslovena)
- Sebestyén, Sebes (moniker), Sebő (moniker), Szebasztián (Lingua húngara)
- Sab (Lingua italiana)
- Seb (Lingua inglesa)
- Seba (Lingua polonesa)
- Seby (Lingua inglesa)
- Sebby (Lingua inglesa)
- Sebbie (Lingua inglesa)
- Sebbybastian (Lingua inglesa)
- Sevastian (Севастьян) (Lingua rusa)
- Sevastyan (Севастьян) (Lingua rusa)
- Sevastjan (Севастьян) (Lingua rusa)
- Sebastijan (Себастијан) (Lingua serbia)
- Sebi (Lingua inglesa)
- Steb (Lingua inglesa)
- Sabs (Lingua inglesa)
- Saje (Lingua inglesa)
- Sebbe (Lingua sueca)
- Sebba (Lingua sueca)
- செவத்தியான், செபஸ்டீன், செபசுதீன் (Sevaththiyan,Sebastin, Sebasudin, lingua támil)
- ദേവസി, സെബസ്ത്യാനോസ് ("Devassy","Sebastianos", lingua malayalam)
Variantes femininas
[editar | editar a fonte]- Bastiana (Lingua portuguesa), (Lingua italiana), (Lingua galega)
- Bastienne (Lingua francesa)
- Bastina (Lingua francesa)
- Sebastiana (Lingua portuguesa), (Lingua italiana), (Lingua galega), (Lingua española)
- Sébastienne (Lingua francesa)
- Seva (Lingua francesa)
- Σεβαστή (Sevasti) (Lingua grega)
- Sebastianella (Australia)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Nome Sebaschán en Ímoslle chamar da [[Xunta de Galicia]] a través de lingua.gal" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 16 de setembro de 2015.
- ↑ Varias fontes: Martín Sarmiento (1746-1770): Colección de voces y frases de la lengua gallega, ed. de J. L. Pensado Tomé (U. de Salamanca, 1970): Bastian, llaman así entre rústicos al que tiene el nombre de Sebastian. Leandro Carré Alvarellos (1951): Diccionario galego-castelán, Terceira Edizón, A Coruña, Roel: Bastián:Sebastián, forma familiar, nombre de varón.
- ↑ Sebaste, Charlton T. Lewis, Charles Short, A Latin Dictionary, on Perseus
- ↑ σεβαστός, Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, en Perseus
- ↑ σέβας, Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, en Perseus
- ↑ σέβομαι, Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, en Perseus
- ↑ Fonte:Instituto Nacional de Estatística
- ↑ Behind the Name
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- San Sebastián (mártir)
- San Sebastián (cidade do País Vasco)
- Lista de nomes masculinos en galego
- Parroquias de Galicia baixo a advocación de San Sebastián