Saving Grace (serie de televisión)
Aparencia
Saving Grace | |
---|---|
Formato | Cime policial |
Creado por | Nancy Miller |
Intérpretes | Holly Hunter Kenny Johnson Bailey Chase Laura San Giacomo Leon Rippy Bokeem Woodbine |
Tema de apertura | Saving Grace de Everlast |
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Produción | |
Duración | 40-45 min. |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | TNT |
Primeiro episodio | 23 de xullo de 2007 |
Derradeiro episodio | 21 de xuño de 2010 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Saving Grace é unha serie da canle de televisión TNT que foi estreada o 23 de xullo de 2007 no Estados Unidos, e que rematou o 21 de xuño de 2010.
Argumento
[editar | editar a fonte]A historia transcorre no estado de Oklahoma, EUA, cunha personaxe principal é a axente do departamento de policía Grace Hanadarko, interpretada pola gañadora dun premio Óscar Holly Hunter. A detective Grace Hanadarko é unha muller que leva a súa vida ao límite: fuma, bebe e é promiscua. Un día, despois de ter bebido mucho, a detective Hanadarko atropela mortalmente ao convicto Leon Cooney. Nese momento de desesperación, Grace pídelle axuda a Deus e entón Earl, un anxo interpretado por Leon Rippy, aparece para dicirlle que Deus lle dá unha última oportunidade para chegar ao ceo.
Elenco
[editar | editar a fonte]- Holly Hunter - Grace Hanadarko
- Leon Rippy - Earl (o anxo)
- Bokeem Woodbine - Leon Cooley (o convicto ao que atropela).
- Kenny Johnson - Ham Dewey (compañeiro de traballo e amante).
- Laura San Giacomo - Rhetta Rodríguez (mellor amiga de Grace).
- Gregory Norman Cruz - Bobby Stillwater.
- Bailey Chase - Butcha Ada.