Savielly Tartakower
Savielly Tartakower | |
Nome orixinal | (fr) Xavier Tartakover |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 22 de febreiro de 1887 Rostov-on-Don Rusia |
Morte | 4 de xaneiro de 1956 París Francia |
Lugar de sepultura | Cimetière parisien de Pantin (pt) |
País de nacionalidade | Polonesa Francesa |
Educación | Collège Calvin Universidade de Viena |
Actividade | |
Ocupación | Xogador de xadrez |
Membro de | |
Movemento | Escola hipermoderna (pt) |
Carreira militar | |
Conflito | Primeira guerra mundial segunda guerra mundial |
Nacionalidade deportiva | Polonia Francia |
Deporte | xadrez |
Título de xadrecista | Grande Mestre de Xadrez (pt) (1950) |
Participou en | |
1950 | Olimpíada de xadrez de 1950 (pt) |
1939 | Olimpíada de xadrez de 1939 (pt) |
1937 | Olimpíada de xadrez de 1937 (pt) |
1935 | Olimpíada de xadrez de 1935 (pt) |
1933 | Olimpíada de xadrez de 1933 (pt) |
1931 | Olimpíada de xadrez de 1931 (pt) |
1930 | Olimpíada de xadrez de 1930 (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Ksawery Tartakower (en ruso, Савелий Григорьевич Тартаковер), nado en Rostov-on-Don (Rusia) o 22 de febreiro de 1887 e finado en París o 4 de xaneiro de 1956, foi un destacado Gran Mestre Internacional polonés e francés de xadrez. Era coñecido como Saviely ou Savielly, do polaco Sawielly, que significa "pequeno Saul"; ou menos frecuentemente Xavier Tartacover ou Xavier Tartakover.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Naceu nunha familia de orixe xudía polonesa. Á idade de doce el e a súa familia deixaron Rusia para trasladarse ao Imperio Austrohúngaro. Finalmente establecéronse en Viena, onde Tartakower viviu a súa mocidade. Graduouse nas escolas de leis das universidades de Xenebra e Viena. Durante os seus estudos interesouse no xadrez e comezou a frecuentar reunións de xogadores nos cafés vieneses. Alí tivo oportunidade de enfrontarse con algúns dos máis grandes xadrecistas do seu tempo, entre eles Carl Schlechter, Geza Maroczy (fronte ao cal gañaría a súa partida máis brillante)[1], Milan Vidmar e Richard Réti. O seu primeiro gran logro foi o título maior nun torneo en Nuremberg en 1906. Tres anos despois conseguiu o segundo lugar no torneo de Viena, unicamente perdendo fronte a Réti.
Durante a primeira guerra mundial foi chamado a filas no exército austro-húngaro e serviu como oficial de staff en varias posicións. Ao finalizar a guerra emigrou a Francia e estableceuse en París. A pesar de que Tartakower nin sequera falaba o polonés, logo de que Polonia recuperou a súa independencia en 1918 aceptou a cidadanía deste país e transformouse nun dos seus máis importantes embaixadores honoríficos.
Carreira profesional
[editar | editar a fonte]En Francia decidiu dedicarse á práctica profesional do xadrez. Tamén comezou a traballar para varias publicacións relacionadas co tema. Escribiu varios libros na materia, o máis famoso dos cales, Die hypermoderne Schachpartie (O xogo de xadrez hipermoderno) foi publicado en 1924 e tivo case cen reedicións desde entón. Tartakower tamén participou en moitos dos encontros máis importantes da época. En 1927 e 1928 gañou dous torneos en Hastings e compartiu o primeiro posto con Aaron Nimzowitsch na competición de Londres. Nesta última ocasión puido imporse sobre notables xadrecistas como Frank Marshall, Milan Vidmar e Yefim Bogolubov. En 1930 gañou o torneo de Liexa, batendo a Mir Sultan Khan por dous puntos. Tamén superou a Akiba Rubinstein, Nimzowitsch e Marshall, entre outros.
Na década de 1930 Tartakower representou a Polonia en seis olimpíadas de xadrez, obtendo tres medallas individuais (ouro en 1931 e bronce en 1933 e 1935), e cinco medallas grupais (ouro, dous de prata e dúas de bronce). Foi un dos principais organizadores da Olimpíada de Xadrez de Varsovia 1935. Tamén gañou o campionato polaco dúas veces, en 1935 (Varsovia]) e 1937 en Jurata).
En 1939 o comezo da segunda guerra mundial sorprendeuno en Buenos Aires, onde se atopaba xogando na Oitava Olimpíada de Xadrez en representación de Polonia, nun equipo no que figuraban, entre outros, Mieczyslaw Najdorf. Najdorf sempre se referiu a Tartakower como "o meu mestre".
Últimos anos
[editar | editar a fonte]Logo dunha curta estadía na Arxentina decidiu retornar a Europa. Arribou a Francia pouco antes do colapso a mans alemás en 1940. Baixo o falso apelido Cartier uniuse ás forzas do xeneral Charles de Gaulle. Logo da segunda guerra mundial e o ascenso do poder comunista en Polonia, Tartakower adoptou a cidadanía francesa. Representou a este país nas olimpíadas de xadrez de 1950. A FIDE instituíu o sistema de títulos oficiais ese mesmo ano; Tartakower estivo no primeiro grupo de xogadores en recibir a honra de Gran Mestre Internacional.
Personalidade e contribucións
[editar | editar a fonte]Tartakower é recoñecido como unha das máis grandes personalidades xadrecísticas do seu tempo. Harry Golombek, quen traduciu o libro de Tartakower sobre os seus mellores xogos, escribiu a introdución:
O Dr. Tartakower é por moito o máis culto e enxeñoso de todos os mestres xadrecistas que coñecín. A súa moi centrada mentalidade e o seu natural enxeño fan da súa conversación un constante pracer. Tanto é así que considero que Tartakower é unha das máis brillantes atraccións que un torneo internacional pode depararme. A súa charla e pensamento aseméllanse a unha modernizada mestura de Spinoza e Voltaire; e con esta todo un toque de paradoxal orixinalidade que é esencialmente TartakowerHarry Golombek
Talentoso xogador, foi tamén coñecido polos seus incontables aforismos, ás veces alcumados Tartakoverismos. Unha das variacións da defensa danesa é chamada na súa honra. A defensa Tartakower, tamén coñecida como o sistema Tartakower-Makogonov-Bondarevsky, tamén leva o seu nome. Crese que é o inventor da apertura do orangután (1.b4...), chamada así logo de que Tartakower quedase encantado cun gran simio do Zoolóxico de Nova York que coñeceu nunha visita durante o gran torneo de 1924.
Obra
[editar | editar a fonte]- 500 Master Games of Chess by Savielly Tartakower and Julius du Mont (Cincocentos xogos maxistrais de xadrez, por S. G. Tartakower e J. du Mont(en galego)). Dover Publications, 1 de xuño de 1975, ISBN 0-486-23208-5.
- Bréviaire des échecs, un dos textos básicos máis recoñecidos no idioma francés.
- Tartakover, S.G. (1924). Die hypermoderne schachpartie. Wiener schachzeitung. Arquivado dende o orixinal o 9 xullo 2013.
- My Best Games Of Chess 1905-1954 by S.G. Tartakower (As miñas mellores partidas de xadrez 1905-1954, por S. G. Tartakower (en galego). Dover Publications, 1985, ISBN 0-486-24807-0. A lembranza definitiva da carreira de Tartakower, escrita no seu estilo característico.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galicitas posúe citas sobre: Savielly Tartakower |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- I. A. Horowitz (1971) All About Chess. Collier Books (en inglés)