Satya Nadella
Satya Nadella (en telugu: సత్య నాదెళ్ల;), nado en Hyderabad o 19 de agosto de 1967, é un empresario indio, o actual director executivo (CEO) de Microsoft. Foi nomeado CEO o 4 de febreiro de 2014 por Bill Gates, sucedendo a Steve Ballmer.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formación
[editar | editar a fonte]Nadella obtivo unha licenciatura en Ciencias da Computación pola Universidade de Wisconsin-Milwaukee e un MBA pola Booth School of Business da Universidade de Chicago.[2]
Carreira profesional
[editar | editar a fonte]Satya Nadella traballou con Sun Microsystems como membro do seu equipo tecnolóxico antes de unirse a Microsoft en 1992.[3] Foi o antigo vicepresidente de computación na nube (cloud) de Microsoft. Dirixiu ferramentas de desenvolvemento e servizos na nube como Windows Azure, Windows Server, SQL Server, Visual Studio e System Center dos que dependían para funcionar servizos como Bing, SkyDrive (actualmente OneDrive), Xbox Live e Skype. Tamén foi vicepresidente de Investigación e Desenvolvemento da División de Servizos en liña e Vicepresidente da División de Negocios.[4]
"O risco de irrelevancia é o principal desafío ao que se enfrontará Nadella como CEO de Microsoft. A empresa corre este risco no mercado da mobilidade, porque aínda está moi asociado aos ordenadores e servidores, que cada vez teñen menos importancia para os consumidores”, sinalou James Staten, vicepresidente da consultora Forrester Research, á páxina web de VEJA.[5] "Despois de que Nadella se incorporase aos servizos na nube, Microsoft obtivo excelentes resultados porque rapidamente introduciu versións máis modernas dos seus servizos principais (...) Unha característica de Nadella é investigar moito antes de optar por un camiño. Despois diso, non retrocede".[5]
Entre os principais éxitos de Nadella está a substitución de Hotmail por Outlook.com, que tivo lugar en agosto de 2013. Segundo Microsoft, Outlook.com é o servizo de correo electrónico de máis rápido crecemento no mundo, con máis de 400 millóns de usuarios rexistrados.[6]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]En 1992, Satya Nadella casou con Anupama, estudante de Arquitectura.[7] A parella tivo un fillo e dúas fillas, e viviron en Clyde Hill e Bellevue no Estado de Washington.[8] [9] O seu fillo Zain era cego e tetrapléxico con parálise cerebral.[10] Zain morreu en febreiro de 2022, aos 26 anos.[11]
Desde rapaz, Nadella ten unha paixón polo crícket, xa que xogou no seu equipo escolar.[12] El e a súa esposa Anupama son co-propietarios do Seattle Sounders FC, un club da Major League Soccer.[13]
Nadella é un ávido lector de poesía americana e india. Escribiu un libro titulado Hit Refresh que explora a súa vida, a súa carreira en Microsoft e como cre que a tecnoloxía dará forma ao futuro. Anunciou que os beneficios do libro irían a Microsoft Philanthropies e, mediante iso, a organizacións sen ánimo de lucro.[14]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ G1, Do; Reuters, com informações da (2014-02-04). "Indiano Satya Nadella é o novo presidente-executivo da Microsoft". Tecnologia e Games (en portugués). Consultado o 2023-02-04.
- ↑ "10 Things to Know About Satya Nadella, Microsoft's New CEO". Time. 4 de fevereiro de 2014.
- ↑ Satya Nadella é o novo CEO da Microsoft - CRN Arquivado 09 de febreiro de 2014 en Wayback Machine. (en portugués)
- ↑ "Satya Nadella é o novo CEO da Microsoft". exame.com. Consultado o 2023-04-15.
- ↑ 5,0 5,1 "Com novo CEO, Microsoft tem que encarar mundo pós-PC". VEJA.com (en portugués).
- ↑ "Microsoft completa migração do Hotmail para o Outlook.com - Tecnoblog". Tecnoblog (en portugués). 2013-05-02.
- ↑ "Satya Nadella: Indian American business executive and CEO of Microsoft (born: 1967) ; Biography". peoplepill.com. Consultado o 2023-02-05.
- ↑ Zap, Claudine (14 de xaneiro de 201 6). "Unha descarga rápida na casa de 3,5 millóns de dólares do CEO de Microsoft, Satya Nadella, en Washington". Realtor.com. Consultado o 14 de maio de 2016.
- ↑ Drusch, Andrea (2 abril 2014). "10 cousas que debes saber: Satya Nadella [satya-nadella-biography-key-facts-career-background -microsoft]". Politico.com. Arquivado dende o orixinal o 2 de marzo de 2014.
- ↑ Seattle Times, ed. (22 de marzo de 2020). "Satya Nadella, CEO de Microsoft, aos empregados sobre a crise do coronavirus: "Non hai un manual para isto"". Consultado o 30 de xullo de 2020.
- ↑ "Microsoft di que o fillo do CEO Satya Nadella morreu". finance.yahoo.com (en inglés). Consultado o 2022-03-01.
- ↑ "Todo por amor: cando o CEO de Microsoft, Satya Nadella, entregou a súa tarxeta verde para a esposa Anu [all- for-love-when-satya-nadella-surrendered-his-green-card-for-h1-b-visa]". Firstpost.com (en inglés). 26 de setembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 3 de novembro de 2017. Consultado o 5 de novembro de 2017.
- ↑ "Russell Wilson, Ciara, Macklemore, Microsoft CEO Satya Nadella and more join Sounders ownership". The Seattle Times (en inglés). 2019-08-13. Consultado o 2023-02-05.
- ↑ "Satya Nadella, CEO de Microsoft, está a escribir un libro chamado Hit Refresh". The Verge. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2017. Consultado o 2017-04-24.