Saltar ao contido

Sambuca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Este artigo trata sobre unha bebida, para a arma véxase sambuca (arma).

Sambuca con café e xeo.

A sambuca[1] é un licor doce e forte baseado no anís, típico de Italia e máis concretamente do Lacio.[2] A “sambuca” tamén recibe o cariñoso diminutivo de “sambuchina”. A lexislación comunitaria regúlao outorgándolle unha “denominación de venda”.[3] Entre os requisitos esixidos para que este licor poida ser expedido como “sambuca” esíxese que estea feito con anís, tanto verde como estrelado, e mesmo con outras herbas aromáticas; pero non se esixe a presenza de sabugueiro no licor.

“Sambuco” significa “sabugueiro ou sabugo”; é dicir, o arbusto coñecido como Sambucus nigra L. Segundo Zingarelli, etimoloxicamente o licor chamado “sambuca” deriva de “sambuco” no sentido de sabugueiro, o mencionado Sambucus nigra L. Emmanuel & Madelene Greenberg descríbeno como un licor aromatizado con bagas de sabugo.[4][5] Tales afirmacións expoñen o problema de explicar como é posíbel que, nun licor de sabugueiro, o sabugueiro poida estar ausente. De feito non o contén. Non parece que o sabugo sexa moi necesario para o resultado do licor.

Propúxose outra etimoloxía. Gordon Brown, aínda que non é filólogo, senón especialista en bebidas alhólicas, propuxo que deriva etimoloxicamente de “zambur”, que á súa vez deriva de “zummu”.[6] Trataríase dunha bebida de orixe árabe, proveniente da súa influencia tras a conquista de Sicilia. Ninguén pola contra atribuíulle provir da embarcación chamada “sambuco”, nin da máquina de guerra chamada “sambuca”.

Marcas coñecidas son Ramazzoti, Molinari, Romana e Vaccari. O xeito máis típico de servilo é flamexalo en presenza de grans de café, con mosca, coma se caesen e afogasen algunhas moscas na infusión de café. Se se tomar sen flamexar, o café non chega a impregnar o líquido. Por iso tamén existen sambucas que xa conteñen a infusión de café. Opal Nera é unha marca moi coñecida desta clase de sambuca. Un resultado moi parecido conséguese botando un pouco café á sambuca. As bagas do sabugueiro — as boliñas negras, sonadas por seren boas para a reuma— teñen bastante semellanza cos grans de café. Quizais o café acabou substituíndo o sabugo. Explicaríase así a conexión da sambuca co sabugueiro; mais tería que ser demostrado.

Preparación

[editar | editar a fonte]

A base da sambuca está constituída por aceites esenciais obtidos da destilación ao vapor de sementes de anís estrelado, o cal confire ao licor un forte recendo de anís, solúbel no alcol en estado puro, ao cal se engadiu unha disolución concentrada de azucre e outros aromas naturais. É semellante ao anisete, augardente de anís.

Sambuca flamexada.

A sambuca pode servirse pura, despois do café ou simplemente para tomar un grolo. Como adorno, pódense engadir un ou dous grans de café, a chamada “mosca”, que realza o gusto ao mastigala mentres se bebe. Tamén se pode servir con xeo, cun gran de café torrado, engadida ao café, con auga, ou flamexada (au estilo da queimada galega).

Licores semellantes

[editar | editar a fonte]

A sambuca é só un de tantos licores a base de anís que se producen especialmente na área mediterránea.

Os máis sonados son:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
  1. Dicionario da Real Academia Galega
  2. Cfr.
  3. Cfr.
  4. O. c. l. c.
  5. Cfr.
  6. L’art des alcools à travers le monde, París, 1996, traducido por Claude Dovas del original inglés “Classic spirits of the World”, copyright de 1994, p. 222.