Samantha Cristoforetti
Aparencia
Samantha Cristoforetti, nada o 26 de abril de 1977 en Milán, é unha astronauta italiana da Axencia Espacial Europea, piloto da Forza Aérea de Italia e enxeñeira.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cristoforetti naceu en Milán en 1977. Pasou a súa infancia en Malè, no Val di Sole, na provicia de Trento. Cando tiña 18 anos, participoi nun programa AFS de intercambio dos Estados Unidos e no USA space camp.[1]
Ostentou o récord de permanencia ininterrompido dun voo espacial dunha astronauta europea (199 días, 16 horas), e ata xuño de 2017 retivo a marca ata que foi superada por Peggy Whitson.[2][3] É ademais a primeira italiana en viaxar ao espazo. Samantha Cristoforetti foi a primeira persoa en facerse café expreso no espazo.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Alumni On Orbit" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2018. Consultado o 17 de xuño de 2018.
- ↑ "Dutch astronaut Kuipers loses space record to Italy's Cristoforetti". NL Times (en inglés). Consultado o 2021-05-12.
- ↑ "Samantha beats ESA astronaut single-duration record" (en inglés). Consultado o 17 de xuño de 2018.
- ↑ "To boldly brew: Italian astronaut makes first espresso in space" (en inglés). Consultado o 17 de xuño de 2018.