Saltar ao contido

Salò o le 120 giornate di Sodoma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Salò o le 120 giornate di Sodoma
Ficha técnica
Título orixinalSalò o le 120 giornate di Sodoma
DirectorPier Paolo Pasolini
ProdutorAlberto Grimaldi
GuiónPier Paolo Pasolini
Sergio Citti
Baseado enOs 120 días de Sodoma do Marqués de Sade
IntérpretesPaolo Bonacelli
Giorgio Cataldi
Umberto Paolo Quintavalle
Aldo Valletti
Caterina Boratto
Elsa De Giorgi
Hélène Surgère
Sonia Saviange
Inès Pellegrini
MúsicaEnnio Morricone
FotografíaTonino Delli Colli
MontaxeNino Bragli
Tatiana Casini Morigi
Enzo Ocone
EstudioLes Productions Artistes Associés
DistribuidoraUnited Artists
EstreaFestival de París: 22 de novembro de 1975
Duración116 minutos
145 minutos (corte orixinal)
OrixeItalia Italia
Francia
XéneroDrama
RecadaciónSEK 1 786 578
Na rede
IMDB: tt0073650 Filmaffinity: 182360 Allocine: 292 Rottentomatoes: m/salo_o_le_120_giornate_di_sodoma_1979 Allmovie: v42652 TCM: 88940 Netlix: 70099045 Editar o valor en Wikidata

Salò o le 120 giornate di Sodoma é un filme franco-italiano escrito e dirixido por Pier Paolo Pasolini que se estreou en 1975.[1][2] Baséase no libro Os 120 días de Sodoma do Marqués de Sade. Contén varias referencias e diálogos extraídos do libro Zur Genealogie der Moral de Friedrich Nietzsche, do poema Os Cantos de Ezra Pound e de Á busca do tempo perdido de Marcel Proust. Foi o derradeiro filme de Pasolini xa que foi asasinado pouco despois da estrea de Salò. Por mor da representación de mozos menores sendo obxecto de violencia, sadismo, depravacións sexuais e asasinatos, o filme foi extremadamente controvertido dende a súa estrea, e segue a estar prohibido en moitos países.

A historia está dividida en catro anacos, inspirados na Divina Comedia de Dante: o Anteinferno, o Círculo das Manías, o Círculo da Merda e o Círculo do Sangue.

A historia céntrase en catro ricos e libertinos fascistas despois da caída da Italia de Benito Mussolini en xullo de 1943. Os libertinos secuestran dezaoito rapaces e sométenos a catro meses de extrema violencia, sadismo e tortura sexual e mental. O filme explora os temas da corrupción política, do abuso do poder, do sadismo, da perversión, da sexualidade e do fascismo.

Versións

[editar | editar a fonte]

Existen varias versións do filme. Nun comezo duraba 145 minutos, pero o propio Pasolini eliminou 25 minutos para axudar a manter o ritmo. A versión máis extensa dispoñible é o DVD vendido polo British Film Institute, que inclúe unha breve escena non incluída noutras copias: durante a primeira cerimonia de vodas, un dos mestres cita un poema de Gottfried Benn.

Os dereitos para distribuír o filme na maior parte do mundo están en mans de Metro-Goldwyn-Mayer.

  1. "C I N E B E A T S :: Pupi Avati". Cinebeats.blogsome.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2009. Consultado o 24 de febreiro de 2009. 
  2. "DVD Savant Review: The House with Laughing Windows". Dvdtalk.com. Consultado o 24 de febreiro de 2009. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]