Saltar ao contido

Rufo Sánchez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rufo
Información persoal
Nome Rufino Familiar Sánchez
Nacemento 27 de decembro de 1986
Lugar de nacemento Madrid
Altura 1,81 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Pontevedra CF
Número 9
Carreira xuvenil
CD Coslada
Rayo Majadahonda
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2005–2006 Rayo Majadahonda B
2006–2007 San Fernando de Henares
2007–2008 Torrejón 15 (0)
2008 Internacional de Madrid
2008–2009 Atlético de Pinto 29 (3)
2009–2012 Internacional de Madrid ? (46)
2012–2013 Stallion 14 (18)
2013 Global FC 0 (0)
2013 Internacional de Madrid 2 (0)
2014 PTT Rayong FC 26 (7)
2015–2016 Songkhla 22 (10)
2017 Atlético Sanluqueño 14 (1)
2017–2018 Global FC ? (7)
2018–2020 Internacional de Madrid 50 (16)
2020– Pontevedra 104 (46)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 11 de febreiro de 2024.
editar datos en Wikidata ]

Rufino Familiar Sánchez, nado en Madrid o 27 de decembro de 1986, máis coñecido como Rufo é un futbolista español que xoga de dianteiro no Pontevedra CF da Segunda División B.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Inicios en Madrid (1986-2012)

[editar | editar a fonte]

Foi fichado polo Atlético de Madrid para o seu equipo xuvenil B, despois de que anotase máis de 30 goles a tempada anterior co Coslada. Tras unha lesión de nocello foi cedido ao Rayo Majadahonda e xa non volveu ao Atlético.[1] Pasou logo polo Internacional de Madrid, o AD Torrejón e o Atlético de Pinto.[1]

En 2010 regresou ao Internacional de Madrid CF, onde xa estivera en 2007, e combinou o fútbol co traballo no restaurante de seu pai.

Etapa en Asia (2012-2018)

[editar | editar a fonte]

En marzo de 2012, cando pensaba en deixar o fútbol, recibiu unha oferta de Filipinas e recalou no Stallion FC, coa tempada mediada, rematando a tempada en cuarta posición na liga filipina. Na seguinte tempada conquistou o título de liga e o de Copa, e proclamouse máximo goleador do campionato de liga con 18 goles, chegando a anotar en dúas ocasións catro goles no mesmo partido.[2][3] Ademais foi galardoado co premio ao mellor xogador da liga.[4]

Tras ser cedido durante un mes ao Global FC para disputar a Copa de Singapur, onde marcou dous goles, e xogar brevemente co Internacional de Madrid en Terceira,[5][6] cambiou Filipinas por Tailandia fichando polo Rayong FC, da primeira división tailandesa, co que acabou descendendo ao final da tempada.[7] Pasou logo polo Songkhla United FC, de segunda división, co que anotou 15 goles na súa primeira tempada. Xogou outro ano máis en Songkhla ata que en xaneiro de 2017 volveu brevemente a España, onde xogou uns meses no Atlético Sanluqueño, en Segunda División B.[8]

Pouco despois volveu ao Global para xogar a nova liga filipina, onde o seu equipo rematou subcampión tras perder na final fronte ao Ceres-Negros. Continuou un ano máis en Cebú ata que en 2018 decidiu deixar o club, que tiña problemas para pagar os salarios, e regresar definitivamente a España.[9][10]

Regreso ao Internacional de Madrid (2018-2020)

[editar | editar a fonte]

Na tempada 2018/19 regresou ao Internacional de Madrid CF, comezando a súa cuarta etapa no club madrileño, e na que foi a súa primeira tempada completa na Segunda B. Con todo, anotou só 4 goles en 36 partidos. Durante a primeira volta da tempada 2019/20 logrou marcar 12 goles, sendo o máximo goleador do grupo I da Segunda División B ata ese momento, o que atraeu a atención do resto da categoría, converténdose nunha das pezas máis cotizadas no mercado invernal.

Pontevedra CF (2020-actualidade)

[editar | editar a fonte]

O 23 de xaneiro de 2020 confirmouse a súa fichaxe polo Pontevedra CF ata final de tempada. Marcou 6 goles máis ata que a liga foi suspendida por mor da pandemia por coronavirus, acabando como máximo goleador de toda a categoría.[11][12]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Stallion
Pontevedra
Individual
  • Bota de Ouro da United Football League (1): 2013 (18 goles).
  • Balón de Ouro da United Football League (1): 2013
  1. 1,0 1,1 G.G., Xurxo (21 de febreiro de 2020). "Rufo regresa a casa tras una carrera como 'obrero'" (en castelán). Consultado o 8 de decembro de 2020. 
  2. "Spanish import Rufo Sanchez drops four goals as Stallion destroys Air Force, 7-2" (en inglés). 13 de marzo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2021. Consultado o 8 de decembro de 2020. 
  3. "Stallion XI rips Army, keeps lead" (en inglés). 1 de maio de 2013. Consultado o 8 de decembro de 2020. 
  4. "Stallion’s Rufo Sanchez cops UFL Golden Ball, Golden Boot awards" (en inglés). 1 de xullo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2013. Consultado o 8 de decembro de 2020. 
  5. "Spaniard Rufino Sanchez joins Global's quest for Singapore Cup glory" (en inglés). 22 de xullo de 2013. Consultado o 8 de decembro de 2020. 
  6. "El Internacional de Madrid creciendo a pasos agigantados" (en castelán). 29 de novembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2018. Consultado o 8 de decembro de 2020. 
  7. Labarga, Nacho (20 de novembro de 2014). "Rufo: "En Tailandia te aplauden aunque caigas por goleada"". Marca (en castelán). Consultado o 8 de decembro de 2020. 
  8. "Oficial: El Atlético Sanluqueño ficha a Rufo Sánchez" (en castelán). 18 de xaneiro de 2017. Consultado o 8 de decembro de 2020. 
  9. G.G., Xurxo (21 de febreiro de 2020). "Rufo regresa a casa tras una carrera como 'obrero'" (en castelán). Consultado o 8 de decembro de 2020. 
  10. Manchón, Martín (19 de xullo de 2018). "“En un primer momento di un ‘no’ rotundo. ¿Qué iba a haber yo en Filipinas?”" (en castelán). Consultado o 8 de decembro de 2020. 
  11. Prieto, C. (23 de xaneiro de 2020). "El Pontevedra confirma el fichaje de Rufo". Faro de Vigo. Consultado o 8 de decembro de 2020. 
  12. "El gol se renueva en la Segunda División B" (en castelán). 18 de xuño de 2020. Consultado o 8 de decembro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]