Saltar ao contido

Rubus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Rubus caesius

O xénero Rubus acolle a especies de plantas pertencentes á familia das rosáceas, subfamilia Rosoideae. A silveira e o framboeseiro pertencen a este xénero.

Descrición botánica

[editar | editar a fonte]

As especies do xénero Rubus caracterízanse por posuír talos espiñentos como as roseiras e a miúdo se lles chama silvas; aínda que o nome é máis frecuentemente utilizado para a especie Rubus ulmifolius (a verdadeira silva ou silveira) e especies similares coma Rubus fruticosus, que teñen hábitos rubideiros, e non para o framboeseiro que posúe talos erectos. Os seus froitos (amoras e framboesas), encádranse popularmente nos chamados froitos do bosque; botanicamente malia agruparse coma bagas non o son. Os froitos son carnosos e están formados por numerosas drupas miudiñas (polidrupa) unidas entre si.

Artigo principal: Especies de Rubus.

Algunhas das especies máis coñecidas do xénero:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]