Rowena Ravenclaw
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Rowena Ravenclaw é unha personaxe do mundo de ficción da saga Harry Potter, creado pola escritora británica J. K. Rowling.
Cofundadora do colexio "Hogwarts" xunto con Godric Gryffindor, Salazar Slytherin e Helga Hufflepuff. E fundadora da casa dese mesmo colexio co seu propio nome.
Rowena Ravenclaw foi a bruxa máis brillante da súa época. Tamén foi coñecida por ser posuidora do Diadema de Ravenclaw que aumentaba a intelixencia da persoa que o utilizara, este diadema está rodeado dunha historia de paixóns, o ser a súa propia filla quen a roubou e fuxiu tentando igualar a intelixencia da súa nai, Rowena encargaríalle a un dos seus pretendentes que a atopase, este conseguiuno en Albania pero nun accidente acabaría matándoa e suicidándose inmediatamente. Unha vez convertidos en pantasmas serían coñecidos como "Dama Gris", a pantasma da casa de Ravenclaw, e o "Barón Sanguinario", pantasma da casa de Slytherin. Anos máis tarde Tom Riddle enganaría a Dama Gris para que lle confesase onde escondera o diadema e converteuno nun dos seus Horrocrux. Finalmente é destruída no último libro da saga nun lume imperecedoiro que consome a sala dos menesteres.