Rocafort
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
Provincia | provincia de Valencia | ||||
Comarca da Comunidade Valenciana | Horta Nord | ||||
Capital | Rocafort (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 7.570 (2023) (3.291,3 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá (lingua predominante) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 2,3 km² | ||||
Altitude | 35 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Sebastián | ||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Amparo Sampedro Alemany (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 46111 | ||||
Código INE | 46216 | ||||
Código ARGOS de concellos | 46216 | ||||
Páxina web | rocafort.es |
Rocafort, tamén coñecido como Rocafort de Campolivar, é un concello da Comunidade Valenciana, situado na zona noroesta da área metropolitana de Valencia, na comarca da Horta Nord. Ten 6.259 habitantes (2008).
Xeografía
[editar | editar a fonte]Rocafort atópase situado ao noroeste da capital valenciana. O seu termo municipal presenta unha forma estreita e alargada de NO a SE e limita cos concellos de Godella e Valencia. O centro urbano divide o termo en dous partes de relevo e utilización do chan moi diferenciadas. A parte que segue ao noroeste ocúpana unha serie de lombas suaves e onde os cultivos de secaño (alfarrobeiras, oliveiras e vide) foron substituídos por urbanizacións de descanso e veraneo. Dende o núcleo urbano primitivo cara ao sueste o chan é completamente chairo e de orixe sedimentario, ocupado por cultivos de regadío con auga procedente do Caldeirón Real de Montcada.
O clima é mediterráneo, aínda que lixeiramente máis fresco que na capital provincial debido á altitude dos seus outeiros. Accédese a esta localidade desde Valencia, por estrada. Tomando a CV-308. Tamén se pode acceder a través da liña 1 de Metro Valencia.
Historia
[editar | editar a fonte]A fundación de Rocafort é posterior á conquista do rei Xaime I. Pertenceu a Francesca Gamella, foi vendido aos Mercader, e pasou por último aos baróns de Santa Bàrbara.
Demografía
[editar | editar a fonte]O crecemento demográfico foi moi importante na primeira metade do presente século e chegou a 1950 con 1.299 habitantes. En 1969 subiron a 1.550, e en 1970 eran xa 2.200.
1990 | 1992 | 1994 | 1996 | 1998 | 2000 | 2002 | 2004 | 2005 | 2007 | 2008 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
3.703 | 4.242 | 4.619 | 4.799 | 4.629 | 5.117 | 5.464 | 6.049 | 6.088 | 6.259 | 6.584 |
Economía
[editar | editar a fonte]A súa economía descansa na agricultura, a industria e os servizos da zona residencial. A gandaría é escasa. A industria ten varias fábricas de marroquinaría, un taller de mármore e varios de derivados da madeira, así como algúns vestixios de carácter artesanal das súas antigas fábricas de seda e bordados.
As súas canteiras de pedra e mármore áchanse xa en período de extinción, aínda que cabe o valor histórico de contribuír á construción das Torres de Serrans e do Micalet.