Saltar ao contido

Robert E. Howard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRobert E. Howard

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Robert Ervin Howard Editar o valor en Wikidata
22 de xaneiro de 1906 Editar o valor en Wikidata
Peaster, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte11 de xuño de 1936 Editar o valor en Wikidata (30 anos)
Cross Plains, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGreenleaf Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónHoward Payne University (en) Traducir
Brownwood High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFantasía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Cross Plains (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, escritor de ciencia ficción, poeta, guionista, novelista, escritor de contos Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1924 Editar o valor en Wikidata -
Influencias
Pseudónimo literarioPatrick Ervin
Steve Costigan
Patrick Howard
Patrick Mac Conaire
Sam Walser
John Taverel Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0397574 Allmovie: p167176
BNE: XX1146745 Bitraga: 2566 Musicbrainz: 96bc18c0-bc37-4b60-ab6f-db8c65e4b924 Discogs: 436817 WikiTree: Howard-22771 Find a Grave: 2790 Editar o valor en Wikidata

Robert Ervin Howard, nado en Peaster (Texas) o 22 de xaneiro de 1906 e finado en Cross Plains o 11 de xuño de 1936, foi un escritor estadounidense de aventuras históricas e fantásticas, publicadas principalmente na revista Weird Tales na década de 1930.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era fillo de Isaac Mordecai Howard e Hester Jane Ervin Howard. A súa familia viviu en diversas localidades de Texas e o oeste de Oklahoma antes de asentarse en Cross Plains, no centro de Texas, en 1919.

Escribiu historias de varios xéneros, pero a súa creación máis coñecida é a saga de Conan, que apareceu por vez primeira en decembro de 1932 no relato "O fénix na espada" (The Phoenix on the Sword), escrito dez meses antes.

Outros personaxes creados por Howard son o rei Kull of Atlantis, o aventureiro puritano inglés Solomon Kane ou o xefe picto Bran Mak Morn, que loita contra a invasión romana en Britania. Tamén creou a guerreira Red Sonya, malia que este personaxe, orixinalmente creado para un relato situado no século XVI, é máis coñecido debido á súa inclusión na saga de cómics de Conan na década de 1970, onde aparece co nome de Red Sonja.

Howard escribiu outras ficcións históricas. Nunha delas involucra un personaxe ficticio coas loitas de Shirkuh, Shawar e Amalarico polo control de Exipto, e remata na primavera de 1167 cunha batalla de Saladino. Entre as diversas obras de horror, tratou o tema dos zombis e a maxia negra do sur dos Estados Unidos.

Howard coincidiu con outros autores da época como Lovecraft (quen pola súa orixe texana o chamaba "Two-Gun Bob") e Clark Ashton Smith, que influíron na súa obra desde o que se viu chamando o «Círculo de Lovecraft». Así, os protagonistas dalgúns relatos compartían aventuras coas criaturas ideadas por Lovecraft e viceversa.

Tras saber que a súa nai entrara en coma debido á tuberculose, Howard suicidouse a mañá do 11 de xuño de 1936, disparándose na cabeza cun Colt do 38. Faleceu pola tarde, e a súa nai fíxoo o día seguinte. Foron soterrados no cemiterio de Greenleaf, en Brownwood.

As súas obras foron publicadas inicialmente en revistas pulps da época como Weird Tales. Nos seus relatos e novelas fala de mundos onde a mellor solución aos problemas adoita ser a batalla, e decote a recompensa do heroe son o ouro, as alfaias e mulleres fermosas.

Solomon Kane

[editar | editar a fonte]
Número de agosto de 1928 de Weird Tales, que incluía Red Shadows, o primeiro relato sobre Solomon Kane.

As aventuras de Solomon Kane están ambientadas na primeira metade do século XVII.

  1. Red Shadows (publicado en Weird Tales en agosto de 1928)
  2. Skulls in the Stars (publicado en Weird Tales en xaneiro de 1929)
  3. Rattle of Bones (publicado en Weird Tales en xuño de 1929)
  4. The Moon of Skulls (publicado en Weird Tales, en xuño e xullo de 1930)
  5. Hills of the Dead (publicado en Weird Tales en agosto de 1930)
  6. The Footfalls Within (publicado en Weird Tales en setembro de 1931)
  7. Wings in the Night (publicado en Weird Tales en xullo de 1932)
  8. Blades of the Brotherhood (publicado nunha edición de Red Shadows en 1968)
  9. The Right Hand of Doom (publicado nunha edición de Red Shadows en 1968)

As aventuras de Solomon Kane foron levadas ao cinema en 2009 na película Solomon Kane, dirixida por Michael Bassett e protagonizada por James Purefoy.

Red Sonya

[editar | editar a fonte]

Howard escribiu un só relato sobre Red Sonya de Rogatino, The Shadow of the Vulture, publicado en The Magic Carpet Magazine en xaneiro de 1934. Red Sonya está historicamente situada na primeira metade do século XVI.

Na década de 1970 Roy Thomas e Barry Smith recuperaron o personaxe, modificándoo substancialmente, baixo o nome de Red Sonja, introducíndoa no universo de cómic de Conan the Barbarian.

Bran Mak Morn

[editar | editar a fonte]

A maior parte dos relatos de Howard sobre Bran Mak Morn foron editados na revista Weird Tales, se ben algúns non foron publicados en vida do autor.

  1. Kings of the Night (publicado en Weird Tales en novembro de 1930)
  2. The Dark Man (publicado en Weird Tales en decembro de 1931)
  3. Worms of the Earth (publicado en Weird Tales en novembro de 1932)
  4. Men of the Shadows (Bran Mak Morn, Dell, 1969)
  5. Bran Mak Morn (Bran Mak Morn: A Play & Others, 1983)
  6. The Children of the Night (neste relato Bran non aparece directamente, pero fálase do seu culto)

Kull de Atlantis

[editar | editar a fonte]

En vida de Howard só se publicaron dous relatos de Kull, en 1929. Outros nove, ademais dun poema, foron editados posteriormente.

  1. The Shadow Kingdom (publicado en Weird Tales en agosto de 1929)
  2. The Mirrors of Tuzun Thune (publicado en Weird Tales en setembro de 1929)
  3. The Altar and the Scorpion (publicado en King Kull, 1967)
  4. The Black City (publicado en King Kull, 1967, tamén coñecido como The Black Abyss)
  5. By This Axe, I Rule (publicado en King Kull, 1967, reescrito en febreiro de 1932 para dar forma ao primeiro relato de Conan the Barbarian)
  6. The Curse of the Golden Skull (publicado en The Howard Collector #9 na primavera de 1967)
  7. Delcardes' Cat (publicado en King Kull en 1967, tamén coñecido como The Cat and the Skull)
  8. Exile of Atlantis (publicado en King Kull en 1967. Fora escrito sen título, e este foille posto por Glenn Lord)
  9. The Skull of Silence (publicado en King Kull en 1967, tamén coñecido como The Screaming Skull of Silence)
  10. The Striking of the Gong (publicado en the Second Book of Robert E. Howard en 1976, aínda que unha versión editada por Lin Carter fora publicada en King Kull en 1967)
  11. Swords of the Purple Kingdom (publicado en King Kull en 1967)

Tamén existe un poema sobre Kull, The King and the Oak.

Conan o bárbaro

[editar | editar a fonte]
Número de maio de 1934 de Weird Tales, que incluía A raíña da Costa Negra. Foi a primeira das tres portadas de Weird Tales ilustradas co tema dun relato de Conan.

Relatos publicados en vida do autor:

  1. O fénix na espada (The Phoenix on the Sword (escrito en febreiro de 1932 e publicado en decembro de 1932)
  2. A torre do elefante (The Tower of the Elephant, publicado en marzo de 1933)
  3. The Scarlet Citadel (publicado en xaneiro de 1933)
  4. A raíña da Costa Negra (Queen of the Black Coast, publicado en maio de 1934)
  5. O coloso negro (Black Colossus, publicado en xuño de 1933)
  6. Shadows in the Moonlight (publicado en abril de 1934, publicado posteriormente co título de Iron Shadows in the Moon)
  7. The Slithering Shadow (publicado en setembro de 1933, publicado posteriormente como Xuthal of the Dusk)
  8. The Pool of the Black One (publicado en outubro de 1933)
  9. Ladróns na casa (Rogues in the House, publicado en xaneiro de 1934)
  10. The Devil in Iron (publicado en agosto de 1934)
  11. The People of the Black Circle (publicado en setembro, outubro e novembro de 1934)
  12. Nacerá unha bruxa (A Witch Shall Be Born, publicado en 1934)
  13. The Servants of Bit-Yakin (publicado en 1935, publicado posteriormente como Jewels of Gwahlur)
  14. Shadows in Zamboula (publicado en 1935, publicado posteriormente como Man-Eaters of Zamboula)
  15. Beyond the Black River (publicado en 1935)
Número de setembro de 1934 de Weird Tales, no que se publicou The People of the Black Circle, o primeiro dos relatos do último período das historias de Conan.
  • The Hour of the Dragon (novela escrita en maio de 1934, publicada en decembro de 1935, tamén coñecida como Conan the Conqueror)

Relatos de Conan publicados postumamente:

  1. The Frost-Giant’s Daughter (publicado en 1976, versión orixinal publicada inicialmente nunha edición de Rogues in the House)
  2. The God in the Bowl (publicado en 1975, versión orixinal publicada inicialmente nunha edición de The Tower of the Elephant)
  3. The Vale of Lost Women (publicado na primavera de 1967)
  4. The Black Stranger (publicado en febreiro de 1953)
  5. Cravos vermellos (Red Nails, publicado en outubro de 1936)

En 1932 Howard compuxo o poema Cimmeria e un ensaio. Tamén se conservan numerosas sinopses inacabadas.

A saga de Conan foi seguida por diversos autores, que ou ben emprenderon o labor de finalizar relatos daquela inéditos ou inconclusos, ou ben escribiron novas novelas ambientadas no universo de ficción que Howard creara para Conan, a Era Hiboria. Entre estes autores están L. Sprague de Camp, Poul Anderson, Lin Carter ou Björn Nyberg, ademais de diversas obras de autores rusos (publicadas pola editorial moscovita Severo-West) e unha serie de catro novelas escritas respectivamente por Richard A. Knaak (autor dunha novela da saga Dragonlance), Loren L. Coleman, J. Steven York e Jeff Mariotte. Robert Jordan tamén creou algunhas historias para este personaxe. outros autores homenaxearon ao heroe en forma de parodia, como nos cómics Groo de Sergio Aragonés ou o personaxe de Cohen the Barbarian que Terry Pratchett creou no universo paródico de Mundodisco.

En 1939 foi publicada, en tres partes (dentro da Weird Tales), a súa novela curta Almuric.

Adaptacións ao cinema

[editar | editar a fonte]
Arnold Schwarzenegger, protagonista de dúas adaptacións de Conan.

Libremente inspirado nas obras de Howard, o personaxe de Conan foi levado ao cine en dúas películas protagonizadas polo actor austríaco Arnold Schwarzenegger: Conan o bárbaro (1982) e Conan o destrutor (1984). Os produtores da película Red Sonja non puideron obter os dereitos do personaxe, e atribuíron a Schwarzenegger o papel dun personaxe inventado para a ocasión: Lord Kalidor, substituto circunstancial de Conan.

Ademais de ao cinema, o personaxe de Conan foi levado ao cómic, xogos de rol e videoxogos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]