Rimatara
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Colectividade | Polinesia Francesa | |||
Comuna da Polinesia Francesa | Rimatara | |||
Poboación | ||||
Poboación | 797 (88,56 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 9 km² | |||
Bañado por | Océano Pacífico | |||
Altitude | 83 m | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
A illa Rimatara é a máis pequena e occidental das illas habitadas das illas Austrais, na Polinesia Francesa. Ten unha superficie total de 8´6 km² e unha poboación de 873 habitantes (censo 2012). Está situada a 550 km ao sur de Tahití e a 150 km ao oeste de Rurutu. A comuna de Rimitara inclúe os illotes María deshabitados.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Rimatara é un atol case circular, trátase dun altiplano volcánico circular de 8 a 10 metros de altitude, cunha altitude máxima de 83 m. no monte Uhau. É moi fértil e boscoso, a súa lagoa é case inexistente e está rodeada por un arrecife de corais moi próximos á costa, con tan só un paso navegable, pero non dispón de ningún porto. Rimatara ten tres aldea, Amaru a capital da comuna de Rimatara, Anapoto e Mutuaura as capitais dos dous municipios asociados mesmo nome.
Ten unha especie de cotorras que non se poden exportar porque se adaptan moi mal noutras localizacións. Tamén hai moitos patos salvaxes.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi unha das últimas illas habitadas descubertas polos europeos na Polinesia, en 1810 por un mercante de Tahití. Foi o pastor William Henry quen desembarcou en 1821 e fundou unha misión protestante. En 1889[1] estableceuse o protectorado francés e en 1900 anexionouse á colonia dos Establecementos Franceses de Oceanía.[2][3]
Economía
[editar | editar a fonte]Desde o ano 2006, funciona un pequeno aeródromo no norte da illa, o que facilita o comercio co resto da Polinesia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Annuaire des établissements français de l'Océanie pour 1892. Imp. du gouvenement. 1892. p. 112.
- ↑ Ch Mourey, Louis Brunel, ed. (1902). "Annexion de l'île Rurutu et dépendances". L'Année Coloniale 3. C. Tallandier. p. 232.
- ↑ Great Britain, Foreign and Commonwealth Office, ed. (1904). British and Foreign State Papers, Volume 94. Harrison and Sons, London. pp. 1304–1305.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rimatara |