Resident Evil 4
Resident Evil 4 | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Capcom |
Distribuidora(s) | Capcom |
Lanzamento | 11 de xaneiro de 2005, 25 de outubro de 2005 e 28 de febreiro de 2014 |
Xénero | videoxogo de acción e aventura, disparos en terceira persoa e survival horror |
Modos de xogo | videoxogo para un xogador |
Clasificación | PEGI CERO USK |
Plataforma(s) | Wii, Xbox 360, PlayStation 2, PlayStation 3, Microsoft Windows, PlayStation Portable, GameCube, iOS, PlayStation 4, Android, Zeebo, Xbox One e Nintendo Switch |
Na rede | |
http://www.capcom.co.jp/bio4/english.html | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Resident Evil 4 é un videoxogo pertencente á serie Resident Evil, que foi lanzado para PlayStation 2, Nintendo Game Cube, Nintendo Wii e PC. Trátase dun "survival horror", semellante aos xogos precedentes desta serie. Non obstante, producíronse cambios severos respecto a entregas anteriores, tanto a nivel técnico, de ambientación, de xogabilidade e argumento. Presenta menos lazos coas historias anteriores e opta por un cambio na mecánica de xogo. Suprímense os anteriores zombis infectados polo virus T e xorde unha nova ameaza, as denominadas "Pragas". As "Pragas" son unha serie de parasitos que infectan ao individuo estendéndose a través do Sistema Nervioso e tomando control do organismo. Existen diversos tipos de parasitos cuxos efectos varían dependendo do suxeito e cepa da "Praga".
Argumento
[editar | editar a fonte]Anos despois do incidente que asolou Raccoon City (Resident Evil 2 e 3), Leon S Kennedy comeza a traballar de escolta do presidente dos Estados Unidos. A filla do presidente é secuestrada e Leon é enviado a unha localidade española a investigar e rescatar á moza, chamada Ashley. Leon atópaa nesa localidade e rescátaa das mans dunha seita que pretendía chantaxear ao presidente e espallar un parasito por todo o mundo.
Diferenzas coas entregas anteriores
[editar | editar a fonte]En primeiro lugar, existen diferenzas notables a nivel técnico, cun motor gráfico máis avanzado. A cámara cambia de posición e deixa de ser fixa. Agora colócase no ombreiro do protagonista permitindo apuntar de xeito máis preciso. O eixo argumental anterior é parcialmente abandonado, deixando de lado á corporación Umbrella e incorporando novos inimigos e novas ameazas.
Diferenzas entre versións
[editar | editar a fonte]A versión orixinal do xogo foi lanzada en Europa en marzo do ano 2005 para Game Cube en dous discos. A finais do 2005 púxose á venda unha versión para PlayStation 2, cun apartado técnico de menor calidade e novos extras (novas misións etc). En marzo do 2007, Ubisoft lanzou unha versión para PC, que a xuízo da prensa especializada era inferior ás versións de videoconsolas. O mesmo ano 2007, Capcom produciu unha versión para Wii, denominada Resident Evil 4: Wii Edition, cun mellor apartado técnico cas outras versións e todos os extras, ademais da posibilidade de xogar co control propio de Wii. No ano 2009 unha versión foi lanzada para o Iphone e Ipod, adaptado ás menores capacidades técnicas destes dous aparellos.
En 2011, Capcom relanzou Resident Evil 4, en formato de alta definición e incluíndo trofeos e logros nas plataformas dixitais Playstation Network e Xbox Live.
Crítica
[editar | editar a fonte]En xeral, foi moi boa, acadando en Metacritic un 96 na versión de Game Cube [1], un 96 tamén, na versión de PlayStation 2 [2], un 76 na versión de PC [3] e un 91 na versión de Wii [4]
Vendas
[editar | editar a fonte]As vendas foron as seguintes segundo VGChartz:
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2010. Consultado o 28 de setembro de 2009.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2013. Consultado o 28 de setembro de 2009.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2009. Consultado o 28 de setembro de 2009.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2013. Consultado o 28 de setembro de 2009.
- ↑ http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=1884®ion=All
- ↑ http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=4162®ion=All
- ↑ http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=6163®ion=All