Republicanismo federal
Aparencia
O republicanismo federal é unha ideoloxía que entende a República como asociacións locais de cidadáns e promove a participación cidadá nos asuntos públicos. Unha parte importante é o concepto do federalismo, buscándose a descentralización ou distribución e as unidades de administración e xestión máis pequenas, para así evitar gobernos centrais fortes cunha alta concentración de poder. Foi a antesala do cantonalismo.
Francesc Pi i Margall e o Partido Republicano Democrático Federal son os referentes desta tendencia importante na España do século XIX.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Divulgación do Movemento Republicano e o seu ideario: Pi i Margall Arquivado 17 de abril de 2009 en Wayback Machine. (en castelán)