Red Hot Chili Peppers
Red Hot Chili Peppers | |
---|---|
Orixe | Os Ánxeles (California), Estados Unidos |
Período | 1983 - presente |
Xénero(s) | funk rock, rock alternativo |
Selo(s) discográfico(s) | EMI, Warner |
Membros | Anthony Kiedis Flea Chad Smith John Frusciante |
Antigos membros | Hillel Slovak Cliff Martinez Jack Irons Jack Sherman Jesse Tobias D.H. Peligro Arik Marshall Dave Navarro DeWayne "Blackbyrd" McKnight Josh Klinghoffer |
Artistas relacionados | What Is This?, Ataxia, The Mars Volta, Pearl Jam, Jane's Addiction |
Na rede | |
redhotchilipeppers.com | |
Red Hot Chili Peppers é un grupo musical de rock baseado no estado estadounidense de California, fundado no ano 1983. O seu principal estilo é un rock cun toque funk, pero incorpora tamén elementos dutros xéneros como o punk rock e o rock psicodélico. No presente a banda está formada polos membros fundadores do grupo, Anthony Kiedis e Flea, xunto co batería Chad Smith e o guitarrista John Frusciante.
Actuaron en Galicia nunha ocasión, no verán de 2004, no Monte do Gozo co gallo das festas do Xacobeo 2004.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Formación e primeiro álbum (1983–1984)
[editar | editar a fonte]A banda (orixinalmente Tony Flow and the Miraculously Majestic Masters of Mayhem)[2] foi formada na Fairfax High School[3] por un grupo de alumnos que asistían a dita escola: Anthony Kiedis, Hillel Slovak, Jack Irons, e Michael "Flea" Balzary. Este último acababa de rematar unha breve estadía coma baixista dun dos primeiros grupos hardcore punk dos Ánxeles chamado Fear, pero o seu interese nos sons negros fíxolle renunciar en 1983.
Slovak e Irons, á súa vez, estaban noutro grupo chamado What is This?, pero os membros máis permanentes dos Chili Peppers (Anthony e Flea) xa non quixeron entrar no mercado punk. A primeira actuación deles foi no Rhythm Lounge, á cal acudiron 30 persoas.[4] Para ese concerto compuxeran unha canción inspirada claramente pola fusión de punk, rap e funk do sinxelo "The Magnificient Seven" de The Clash, pero coa nova actitude salvaxe e maior velocidade do hardcore, a despois coñecida coma "Out in L.A.". O rendemento ao vivo da banda foi tan bo que se lles pediu regresar a semana seguinte. Debido a este inagardado éxito, os membros da banda trocaron o nome polo de Red Hot Chili Peppers, debido a que veron o nome orixinal un pouco incómodo.[5] Logo seguiron realizando varios concertos por clubs de L.A. e cabarets coma o Kit Kat Club. É nestes primeiros intres cando comezan a facerse populares polas súas actuacións nas que aparecían completamente nús, con só un calcetín nos xenitais. Seis das cancións que tocaban neses shows foron gravadas na súa primeira demo.[6]
Varios meses despois da súa primeira actuación, a banda firmou coa compañía discográfica EMI. Pero, dúas semanas antes, What Is This? obtivera un contrato con MCA, polo que Slovak e Irons deixaron Red Hot Chili Peppers e dedicáronse a What is this?.[7] Kiedis e Flea non pensaron en disolver a banda, senón que decidiron recrutar a novos membros. Cliff Martínez, un coñecido de Flea, pediu sumarse aos Chili Peppers pouco despois. Tamén se uniría Jack Sherman, o rei pirata.[8]
Andy Gill, o guitarrista de Gang of Four, tamén pioneiros na incorporación do funk ao estilo punk, foi contratado para producir o seu primeiro álbum.[9] A pesar de que Kiedis e Flea dubidaron, el empurrou á banda a tocar música máis viábel comercialmente. Nun principio Kiedis quería titular o disco True men don't kill coyotes, pero a compañía quería que o título fose The Red Hot Chili Peppers, ao que o grupo tivo que acceder finalmente. O disco saíu o 10 de agosto de 1984 e foi un fracaso comercial.[10] Vendeu aproximadamente 25.000 unidades e obtivo pouco recoñecemento. A seguinte xira estivo un pouco mellor, aínda que Kiedis e Sherman tiñan unha relación moi tensa. Sherman foi despedido pouco despois e Slovak regresou á banda, despois de fartarse de What is This?.
Freaky Styley (1985)
[editar | editar a fonte]George Clinton (o lendario líder de Parliament e Funkadelic) foi elixido (a petición de Anthony e Flea) para producir o seguinte álbum da banda, Freaky Styley.
O álbum foi gravado no famoso Detroit's famed R&B and funky United Sound Systems studios no bordo da Universidade Estatal de Wayne.[11] Clinton mesturou diversos elementos do punk e o funk no repertorio da banda, que permitiron incorporar variedade á música. De feito, na canción "Hollywood", que é unha adaptación do tema "Africa" dos lendarios Funkateers de Nova Orleáns The Meters, participa no saxofón o músico Maceo Parker, que ao igual có baixista Bootsy Collins, gravara para o forxador do Funk, James Brown, e o mesmo Clinton.
O álbum foi publicado o 16 de agosto de 1985,[12] pero inda que a banda tivo unha relación moito mellor con Clinton que con Gill, o álbum foi apenas máis exitoso que o primeiro álbum, e non tivo chegada a ningún Chart, pese a contar coa produción dunha lenda vivente coma o "Dr. Funkenstein". A posterior xira non foi considerada o suficientemente produtiva para a banda.
The Uplift Mofo Party Plan (1986-1988)
[editar | editar a fonte]Cliff Martínez foise do grupo no verán de 1986, e a banda contratou temporalmente a Chuck Biscuits para rematar a xira. Jack Irons quedou sen traballo e, separado doutros compromisos, reintegrouse ao grupo. Anthony, Flea e Hillel quedaron moi sorprendidos. O grupo elixiu a Michael Beinhorn, quen colaborara con Herbie Hancock e formara grupos como Material e Tackheads, para producir o seu próximo álbum. Estaban outra vez os catro compoñentes orixinais da banda. As cancións comezaron a formarse rapidamente, e o álbum comezou a ter forma, usando a mesma mestura de funk e ritmos que Freaky Styley, pero con sons moito máis agresivos de punk e metal. Reuníndose os catro integrantes, comezaron o proceso de creación.
O 29 de setembro de 1987, The Uplift Mofo Party Plan saíu á venda, converténdose no primeiro álbum dos Red Hot Chili Peppers en aparecer nalgún Chart. A pesar de que chegaron só ao posto # 148 no "Billboard Hot 200", este foi un éxito importante en comparación aos dous primeiros álbums.
Durante este período, Kiedis e Slovak estaban desenvolvendo graves hábitos de adicción ás drogas, a miúdo ata abandonaban a banda. A adicción á heroína levou a Slovak á morte o 27 de xullo de 1988 aos 25 anos de idade. Kiedis abandonou a cidade e non asistiu ao funeral de Slovak, considerando que a situación era surrealista. Fuxiu a México onde permaneceu uns meses para desintoxicarse. Jack Irons, posteriormente, abandonou o grupo, dicindo que el non quería formar parte dun grupo onde os seus amigos falecían. Foi internado nun psiquiátrico.
Mother's Milk (1989-1990)
[editar | editar a fonte]Ante a morte de Hillel Slovak a banda en primeiro lugar contratou a D.H. Peligro dos Dead Kennedys como batería e ao guitarrista de P-Funk DeWayne "Blackbyrd" McKnight, pero estes non contaban coa chispa suficiente como para continuar na banda, polo que serían despedidos. Posteriormente contratarían a John Frusciante como guitarra. Frusciante realizara unha audición para ingresar na banda Thelonious Monster, pero D.H. Peligro faloulle a Flea del, e uns días máis tarde improvisaron no garaxe deste, que decidiu xunto a Kiedis que era a substitución perfecta para Hillel.
Tres semanas antes de entrar no estudio a banda continuaba sen batería, e un amigo recomendoulles a Chad Smith. Decidiron darlle unha oportunidade, e nunha audición Chad abrumó ao grupo pola forza e complexidade dos seus ritmos. Despois desta sesión de improvisación admitiron a Chad como novo batería da banda.
O grupo entrou no estudio, pero esta gravación estivo entorpecida polos conflitos co produtor do álbum, Michael Beinhorn, que tiña como proposta que John tocase riffs de heavy metal, o cal o molestou xa que este estilo non se axustaba ao seu.
Mother's Milk foi lanzado o 15 de agosto de 1989 e tivo no tema tributo a Hillel Slovak, "Knock Me Down", a que foi a súa primeia canción en chegar ao top 10 das cancións de rock. Tamén tiveron un grande éxito coa interpretación de "Higher Ground" de Stevie Wonder. Mother's Milk vendeu uns 2 millóns de copias ao redor do mundo. Tamén se editaron como sinxelos os temas "Knock Me Down" e "Taste The Pain", e a cara B destes, a canción "Show Me Your Soul", foi usada na banda sonora da película Pretty Woman.
Blood Sugar Sex Magik (1991-1992)
[editar | editar a fonte]O contrato da banda con EMI rematara e comezaron a buscar outra discográfica para lanzar o seu seguinte álbum. O grupo chegou a un pre-acordo con Sony BMG/Epic, coa condición de que Sony mercara o seu último álbum con EMI. Este proceso tardou meses e, aínda que xa se realizara o acordo con Sony/Epic, Mo Ostin, de Warner Bros, chamou a Kiedis para felicitalo polo contrato, e felicitou á compañía discográfica rival. Kiedis pensou "A persoa máis xenial e máis auténtica que coñecimos durante todas as negociacións acababa de chamarme persoalmente para animarme a facer unha exitosa gravación para unha compañía rival. Ese era o tipo de individuo para o que quería estar traballando". Kiedis levou a cabo a súa idea, e finalmente abandonou o contrato con Sony para asinar con Warner Bros.
Deidíuse que a gravación do álbum debía realizarse nun sitio diferente, e Rick Rubin, produtor do mesmo, suxeríu unha mansión supostamente embruxada. Para a gravación do traballo Rubin deixou á banda completa liberdade nas súas composicións, xa que os Red Hot tiveran problemas por esas circunstancias.
A súa colaboración con Rick Rubin, que xa traballara con Run DMC, Beastie Boys, Slayer ou Danzig, levounos ao estrelato coa edición de Blood Sugar Sex Magik o 24 de setembro de 1991. O primeiro sinxelo sería "Give It Away", e grazas a el a banda gañaría un Grammy pola mellor canción de hard rock, e conseguirían o seu primeiro número 1 na lista Modern Rock estadounidense. A promoción do disco continuou co lanzamento da balada "Under The Bridge", que foi un éxito a nivel mundial. Na canción Anthony Kiedis narra a súa batalla coas drogas, e trátase do tema dos Red Hot que máis alto chegou ba lista Billboard Hot 100, acadando o seu segundo posto. Outros sinxelos do álbum foron "Suck My Kiss" e "Breaking The Girl".
En maio de 1992 John Frusciante deixou a banda durante unha xira polo Xapón, alegando que se sentía alienado. Flea dixo que a xira de promoción do álbum fora moi dura e que non tiñan practicamente tempo para durmir. Aínda que a razón principal da súa saída foron as constantes discusións con Anthony ao longo da xira. Jhn foi substituído inicialmente por Arik Marshall, que aparece nos vídeos de "Breaking The Girl" e "If You Have To Ask". Posteriormente ocuparía o seu lugar Jesse Tobias e finalmente chegaría Dave Navarro, guitarrista de Jane's Addiction, para cubrir a vacante deixada por Frusciante, que nos anos que estivo fóra da banda (volvería en 1998) estivo deprimido e loitando contra as drogas. Tamén traballou na música como solista, editando dous disco, un deles retirado do mercado polo propio Frusciante.
O álbum Blood Sugar Sex Magik vendeu máis de 15 millóns de copias a nivel mundial, só superado en cifras por Californication. Blood Sugar Sex Magik foi colocado no posto 310 da lista da Rolling Stone dos "500 mellores álbums de todos os tempos"[13]. En 1993, con Arik Marshall no canto de John Frusciante, prestan a súa voz para a súa aparición na serie de televisión The Simpsons no capítulo "O drama de Krusty".
One Hot Minute (1995)
[editar | editar a fonte]One Hot Minute é o sexto álbum de estudio da banda e foi lanzado o 12 de setembro do ano 1995. Pola saída de John Frusciante, este álbum foi gravado polo anterior guitarrista de Jane's Addiction, Dave Navarro. A súa presenza alterou o son dos Red Hot Chili Peppers. Finalmente Navarro foi despedido da banda no 1998 por diferenzas creativas.
Este álbum ten menos contido sexual que os anteriores álbums e explora asuntos máis escuros como as drogas, a depresión, a angustia e a dor. Anthony Kiedis, quen reincidira en 1994 nas súas adiccións á heroína e ás anfetaminas, logo de estar limpio máis de cinco anos, abordou as letras cunha mirada ás drogas e ós seus duros efectos.Tamén contén riffs de guitarra de heavy metal.
One Hot Minute contén catro sinxelos: "Warped", "Aeroplane", "Coffee Shop", e "My Friends", e chegou ao posto catro do Billaboard 200.
Membros
[editar | editar a fonte]Actuais
[editar | editar a fonte]- Anthony Kiedis - Voz principal (1983-presente)
- Michael "Flea" Balzary - Baixo, trompeta, piano, coros (1983-presente)
- Chad Smith - Batería, percusión (1988-presente)
- John Frusciante - guitarra, coros, teclados (1988-1992, 1998-2009, 2019-presente)
Antigos compoñentes
[editar | editar a fonte]- Jack Irons - batería, percusión (1983-1984, 1986-1988)
- Hillel Slovak - guitarra, coros (1983, 1985-1988)
- Cliff Martinez - batería, percusión (1984-1986)
- Jack Sherman - guitarra, coros (1984-1985)
- Dave Navarro - guitarra, coros (1993-1998)
- Josh Klinghoffer - Guitarra eléctrica, coros, teclados, piano (2009-2019)
Directos e concertos
[editar | editar a fonte]- Keith "Tree" Barry - saxofón (1987-1990)
- D. H. Peligro - batería, percusión (1988)
- DeWayne "Blackbyrd" McKnight - guitarra (1988)
- Philip "Fish" Fisher - batería (1988)
- Arik Marshall - guitarra (1992-1993)
- Zander Schloss - guitarra (1992)
- Jesse Tobias - guitarra (1993)
- Rain Phoenix - voz (1995-1996)
- Rob Rule - voz e guitarra (1995-1996)
- Acacia Ludwig - voz (1995-1996)
- Vicki Calhoun - voz (1989-1990)
- Marcel Rodríguez-López - percusión, teclados (2006-2007)
- Josh Klinghoffer - guitarra, teclados, baixo (2007)
Todos os membros
[editar | editar a fonte]Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]- The Red Hot Chili Peppers - 1984 (EMI/Capitol)
- Freaky Styley - 1985 (EMI/Capitol)
- The Uplift Mofo Party Plan - 1987 (EMI/Capitol)
- Mother's Milk - 1989 (EMI/Capitol)
- Blood Sugar Sex Magik - 1991 (Warner)
- One Hot Minute - 1995 (Warner)
- Californication - 1999 (Warner)
- By The Way - 2002 (Warner)
- Stadium Arcadium - 2006 (Warner)
- I'm With You - 2011 (Warner)
- The Getaway - 2016 (Warner)
- Unlimited Love - 2022 (Warner)
- Return of the Dream Canteen - 2022 (Warner)
Sinxelos
[editar | editar a fonte]Ano | Single/EP | Álbum |
---|---|---|
1984 | Get Up and Jump | The Red Hot Chili Peppers |
1985 | Jungle Man | Freaky Styley |
1985 | Hollywood (Africa) | Freaky Styley |
1987 | Fight Like a Brave | The Uplift Mofo Party Plan |
1989 | Knock Me Down | Mother's Milk |
1989 | Higher Ground | Mother's Milk |
1989 | Taste the Pain | Mother's Milk |
1990 | Show Me Your Soul | - |
1991 | Give It Away | Blood Sugar Sex Magik |
1991 | Under the Bridge | Blood Sugar Sex Magik |
1992 | Suck My Kiss | Blood Sugar Sex Magik |
1992 | Breaking the Girl | Blood Sugar Sex Magik |
1992 | Behind the Sun | What Hits!? |
1993 | If You Have to Ask | Blood Sugar Sex Magik |
1993 | Soul to Squeeze | - |
1995 | Warped | One Hot Minute |
1995 | My Friends | One Hot Minute |
1996 | Aeroplane | One Hot Minute |
1996 | Coffee Shop | One Hot Minute |
1996 | Shallow Be Thy Game | One Hot Minute |
1996 | Love Rollercoaster | - |
1999 | Scar Tissue | Californication |
1999 | Around the World | Californication |
2000 | Otherside | Californication |
2000 | Californication | Californication |
2000 | Road Trippin' | Californication |
2002 | By the Way | By The Way |
2002 | The Zephyr Song | By The Way |
2002 | Can't Stop | By The Way |
2003 | Universally Speaking | By The Way |
2003 | Fortune Faded | Greatest Hits |
2006 | Dani California | Stadium Arcadium |
2006 | Tell Me Baby | Stadium Arcadium |
2006 | Snow ((Hey Oh)) | Stadium Arcadium |
2007 | Desecration Smile | Stadium Arcadium |
2007 | Hump de Bump | Stadium Arcadium |
2011 | The Adventures of Rain Dance Maggie | I'm With You |
2011 | Monarchy of Roses | I'm With You |
2012 | Look Around | I'm With You |
2016 | Dark Necessities | The Getaway |
Recompilatorios
[editar | editar a fonte]- What Hits? - 1992
- Out in L.A. - 1994
- The Best of Red Hot Chili Peppers - 1994
- The Essential Red Hot Chili Peppers Under The Covers - 1998
- The Original Series - 1998
- Greatest Hits - 2003
Directos
[editar | editar a fonte]- Live At The Hyde Park - 2004
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Red Hot Chili Peppers abrirá el 27 de junio en Santiago los grandes conciertos del año Xacobeo". 28 de abril de 2004. Consultado o 22 de xaneiro de 2016.
- ↑ Red Hot Chili Peppers, Indyrock France
- ↑ "Red Hot Chili Peppers | Music Artist | Videos, News, Photos & Ringtones | MTV". Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2007. Consultado o 11 de setembro de 2009.
- ↑ "MundoMúsica » Red Hot Chili Peppers". Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2009. Consultado o 11 de setembro de 2009.
- ↑ "MTV.es | Música | Actualidad | The Red Hot Chili Peppers". Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2008. Consultado o 11 de setembro de 2009.
- ↑ "Red hot chili peppers - letras de canciones - letrasmp3.com". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2008. Consultado o 11 de setembro de 2009.
- ↑ "Teens". Arquivado dende o orixinal o 02-08-2008. Consultado o 11-09-2009.
- ↑ "DiscAffinity - Discos de Jack Sherman". Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2015. Consultado o 06 de febreiro de 2013.
- ↑ Biografía de Red Hot Chili Peppers - MUSICA.COM
- ↑ Red Hot Chilli Peppers: discos, letras, biografia e fotos
- ↑ "Historia". Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2008. Consultado o 06 de abril de 2008.
- ↑ Freaky Styley Arquivado 25 de xullo de 2018 en Wayback Machine.(en inglés)
- ↑ "Rolling Stone - 500 Greatest Albums of All Time". Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2013. Consultado o 06 de febreiro de 2013.