Saltar ao contido

Raposo de orella curta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Raposo de orella curta
Estado de conservación
Case ameazada (NT)
Case ameazada[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Familia: Canidae
Subfamilia: Caninae
Xénero: Atelocynus
Cabrera, 1940
Especie: A. microtis
Nome binomial
Atelocynus microtis
(Sclater, 1883)
Distribución
Distribución

Distribución

O raposo de orella curta (Atelocynus microtis) é un cánido propio de Suramérica, con preferencia en áreas boscosas con pouca acción humana disturbante. Mide de 70 a 100 cm de longo de corpo e 30 cm de cola, que cando pende perpendicular ao chan vaina arrastrando. Pesa até 9 kg e ten unha altura de 35 cm. Ten patas curtas e áxiles, e orellas curtas e redondeadas, de 3 a 5 cm. Este cánido distínguese pola súa trompa de raposo e a grosa cola. A súa pelaxe é negra e gris vermella. Móvese coma un felino, e come pequenos mamíferos, peixes, insectos, froitas, réptiles. A especie na Lista de Especies en Risco.

É un dos cánidos máis raros e menos coñecidos do mundo. Crese que ten hábitos nocturnos e solitarios.

Vive na selva tropical a cerca de 1.000 msnm, na cunca do río Amazonas na Arxentina, Brasil, Perú, Ecuador, Colombia e probábelmente Venezuela.

  1. Leite-Pitman, M.R.P. & Williams, R.S.R. (2011). "Atelocynus microtis". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2011.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 18 January 2012.