Rafail Korsak
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1598 Navahrudak, Belarús |
Morte | 28 de agosto de 1640 (41/42 anos) Roma, Italia |
Lugar de sepultura | Roma |
Arcebispo católico | |
5 de febreiro de 1637 – ← Yosyf Rutskyi – Antin Seliava → | |
Bispo diocesano | |
19 de abril de 1632 – ← Grzegorz Michałowicz (en) – Pachomiusz Woyna Orański (en) → Diocese: Pińsk-Turaŭ (Ukrainian) (en) | |
Metropolitano de Kíiv | |
Polish elector (en) | |
Q6529137 | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica e Metrópole de Kíiv, Galicia e toda Rusia |
Educación | Q3919169 Pontificio Colexio Grego de San Atanasio Collegium Hosianum (en) |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1626–), sacerdote católico |
Orde relixiosa | Orde de San Basilio Magno |
Consagración | Yosyf Rutskyi |
Participou en | |
27 de setembro de 1632 | 1632 Polish–Lithuanian royal election (en) |
Familia | |
Familia | Q106580508 e House of Korsak (en) |
Pai | Szymon Korsak |
Descrito pola fonte | Polish Biographical Dictionary (en) |
Rafail Mykola Korsak (en ucraíno: Рафаїл Микола Корсак; en polaco: Rafał Mikołaj Korsak; en belaruso: Рафаіл Мікалай Корсак), nado arredor de 1599 preto de Navahrudak (Gran Ducado de Lituania, hoxe Belarús) e finado o 28 de agosto de 1640, foi un eclesiástico grecocatólico ruteno, metropolita de Kíiv e Galicia dende 1637 até a súa morte.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Korsak naceu preto de Navahrudak nunha familia nobre calvinista. Estudou cos xesuítas en Niasviž e en Vilnius, e posteriormente no colexio pontificio de Braniewo e novamente cos xesuítas en Praga. Xunto a eles, converteuse ao catolicismo, entrando na Igrexa católica latina, e posteriormente, co apoio do metropolita Yosyf Rutskyi, pasou á Igrexa grecocatólica. En 1620 ingresou na Orde de San Basilio Magno, tomando o nome relixioso de "Rafail" e facendo o noviciado no mosteiro de Byten. Entre decembro de 1621 e novembro de 1624 estudou no Pontificio Colexio Grego de Roma, e posteriormente foi elixido para servir como bispo no seu país.
En 1625 Korsak pasou a ser arquimandrita do mosteiro da Santa Trindade de Vilnius, e en 1626 protoarquimandrita da orde basiliana (cargo no que permaneceu até 1636) e en setembro do mesmo ano foi consagrado bispo coadxutor do metropolita Rutskyi con dereito de sucesión, sendo confirmado pola Santa Sé o 9 de marzo de 1631 malia as dúbidas iniciais do rei por mor da súa idade. En 1632 foi nomeado bispo de Pinsk.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Назарко, Іриней-Іван Іванович (1962). Київські і Галицькі митрополити: біографічні нариси (1590-1960). Analecta OSBM. Serie 2. Sectio 1. Roma. OCLC 54007358.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Yosyf Rutskyi |
Metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus 1637 - 1640 |
Sucesor: Antin Seliava |