Radio Vaticana
Radio Vaticana | |
---|---|
Localización | Cidade do Vaticano |
Eslogan | 'La voce del Papa e della Chiesa in dialogo con il mondo' |
Frecuencia | onda curta, onda media, frecuencia modulada, DRM, satélite e Internet. |
Primeira emisión | 12 de febreiro de 1931 |
Formato | Servizo público exterior |
Na rede | |
https://www.vaticannews.va/it/epg.html | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Radio Vaticana (en latín: Statio Radiophonica Vaticana) é a radio internacional da Santa Sé. Atópase na Cidade do Vaticano. A súa misión é difundir a mensaxe e actividades do Papa, da Santa Sé e da Igrexa Católica.[1]
Radio Vaticana é membro da Unión Europea de Radiodifusión (UER), Union Africaine de Radiodiffusion (UAR), World Catholic Association for Communication (SIGNIS), European Conference of Christan Radios (CERC) e da Comunidade de Radio e Televisión que transmiten en lingua italiana, Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT), Conferencia Europea de Administracións de Correos e Telecomunicacións (CEPT) e a Organización Internacional de Telecomunicacións por Satélite (ITSO).[2]
O lema que usa Radio Vaticano nas súas transmisións é a frase Laudetur Iesus Christus (¡Alabado sexa Xesucristo!).[3]
A Compañía de Xesús está a cargo da súa dirección. A titularidade actual recae no sacerdote Federico Lombardi.
Historia
[editar | editar a fonte]O Papa Pío XI encargou a Guglielmo Marconi a construción de Radio Vaticana.[4] A emisora saíu ao aire o 12 de febreiro de 1931. Pío XI inaugurouna cun discurso en latín chamado Qui arcano Dei.[4] Giuseppe Gianfranceschi, físico e matemático xesuíta, foi o seu primeiro director.[4] Dous anos despois, Radio Vaticano emitía en onda curta.[4]
Logo da morte de Pío XI, Radio Vaticano difundiu en 9 linguas o conclave e a cerimonia de coroación de Pío XII.[4] Durante a segunda guerra mundial, Radio Vaticano seguiu operando malia a ocupación de Roma pola Alemaña nazi. Naqueles anos, a estación tiña unha Oficina de Informacións, cuxa función era o de facer chamamentos para atopar a civís e militares desaparecidos e transmitir, aos prisioneiros, mensaxes das súas familias.[4]
O 27 de outubro de 1957, Pío XII inaugurou o centro transmisor en Santa María de Galería.
Transmisións
[editar | editar a fonte]En cada país elixen unha ou dúas emisoras nas cales a unhas horas conectan con Radio Vaticano na versión do seu idioma e o resto do día é a emisora correspondente do país que sexa.
En España esas emisoras son: Radio María España e COPE.
Servizos en linguas estranxeiras
[editar | editar a fonte]Os servizos en onda curta analóxica son: albanés, árabe (África, Europa), amárico, armenio, alemán, belaruso, búlgaro, checo, chinés, croata, eslovaco, esloveno, español (África, América hispana, España), esperanto (Europa), francés (África, América, Europa), hindi, húngaro, inglés (África, América do norte, India, Australia, Filipinas, Europa), italiano (África, Europa), suahili, linguas escandinavas, letón, lituano, malayalam, polaco, portugués (África, Brasil, Portugal), romanés, ruso, somalí, támil, tigriña, ucraíno, urdú e vietnamita.[5]
Radio Vaticano transmite varios deses servizos por onda media analógica (Zona de Roma) e frecuencia modulada (Zona de Roma e o Lacio).[5] Hai un programa radial semanal para os filipinos por onda media no área de Roma[6]
As emisións por onda curta dixital e onda media dixital (DRM) son: alemán, árabe (Europa), belaruso, francés (Europa), inglés (América do norte e Europa), italiano, polaco e ucraíno.[7][8][9]
Moitos dos servizos en linguas estranxeiras poden escoitarse en todos os continentes polos satélites Eutelsat e Intelsat; así como por Internet (webcasting e podcasting na páxina web de Radio Vaticana) e por estacións de radio afiliadas de varios países.[5]
Programas dos servizos en alemán, español, francés, inglés e polaco son transmitidos tamén pola compañía WRN Broadcast.[10]
O macedonio e o xaponés teñen páxinas propias no sitio web, pero non programas radiais.
Servizo en castelán
[editar | editar a fonte]Os programas en español estiveron presentes en Radio Vaticana desde o seu fundación (principalmente nas celebracións solemnes).[11] Pero é en 1938, cando o servizo en español transmitiuse dúas veces á semana. En 1940, faríase diaria.[11] A Oficina para América latina ocúpase de manter e reforzar a cooperación entre Radio Vaticano e as emisoras afiliadas en América latina.[12]
Outros programas
[editar | editar a fonte]Radio Vaticano ofrece emisións da Santa Misa (en latín, italiano, español, inglés e chinés), o Ángelus, a Audiencia Papal, o rosario, a Liturxia das Horas, as liturxias romanesa, ge'ez, ucraína e oriental.[8][13] Tamén difunde espazos musicais.[14]
Algunhas emisoras afiliadas
[editar | editar a fonte]En cada país elixen unha ou dúas emisoras nas cales a unhas horas conectan con Radio Vaticana (sobre todo para actos relixiosos que preside o Papa) na versión do seu idioma e o resto do día é a emisora correspondente do país. Sempre do ideario Cristián Católico e case sempre vinculada ou pertencente á Igrexa Católica do país correspondente.
Todas as emisoras que pertencen a: Familia Mundial de Radio María
Emisoras
[editar | editar a fonte]- En África:
- En América:
- Radio María Arxentina
- Radio María Bolivia
- Rádio Maria Brasil
- Radio Maria Canada
- Radio María Chile
- Radio María Colombia
- Radio María Costa Rica
- Radio María O Salvador
- Radio María Guatemala
- Radio María Houston
- Radio María México
- Radio Maria New York (Estados Unidos de América)
- Radio María Nicaragua
- Radio María Ecuador
- Radio María Panamá
- Radio María Paraguay
- Radio María Perú
- Radio María República Dominicana
- Radio María Uruguay
- Radio María Venezuela
- En Eurasia:
- Radio Maria Shqipëri (Albania)
- Radio Maria Österreich (Austria)
- Radio Maria Phillipines (Filipinas)
- Radio María España
- COPE (España)
- Radio Santa María de Toledo (España)
- Radio Maria France (Francia)
- Radio Marija Hvratski (Croacia)
- Mária Rádió (Hungría)
- Mária Rádió Erdély [1] (Romanía)
- Radio María (Italia)
- Radio Super Agostino Rabizzi (Italia)
- Radio Brescia (Italia)
- Radio Raphael Cooperative dei Solidarietà Sociale a.r.l.. (Italia)
- Radio Voce dei Brescia Associazione Radio Voce (Italia)
- Radio Voce Camuna (Italia)
- Radio C1 Archidiocesi Camerino (Italia)
- Emittente Cattolica Zonale Associazione Emittente Cattolica Zonale (Italia)
- Radio Claronda Radio Parrochiale dei Chiari (Italia)
- Radio Voce Gottolengo (Italia)
- Radio Nuova Macerata Cooperativa Nuova Macerata (Italia)
- Radio Ponche - Radio Voce Associazione Radio Ponche (Italia)
- Radio Santa Maria - Diocese of Macerata Parish of Santa Maria Assunta (Italia)
- Radio Incontro Commercial secular station (Italia)
- Circuíto Cattolico Bresciano (Italia)
- Radio Duomo Diocese of Senigallia, Cathedral parish (Italia)
- Radio Voce Travagliato Diocese of Brescia, Parrocchia SS. Pietro e Paolo (Italia)
- Radio Proposta Repeaters: Chivasesse
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Quiénes somos". Sitio web de Radio Vaticana. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2011. Consultado o 14 de febreiro de 2011.
- ↑ "Radio Vaticana y las Organizaciones Internacionales" (en castelán). Sitio web de Radio Vaticana. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2011. Consultado o 14 de febreiro de 2011.
- ↑ "Radio Vaticano, Laudetur Jesus Christus". Sitio web da Santa Sé. Consultado o 14 de febreiro de 2011.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 "La historia" (en castelán). Sitio web de Radio Vaticana. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2011. Consultado o 14 de febreiro de 2011.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "Prospecto general de las transmisiones" (en castelán). Sitio web de Radio Vaticana. Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2010. Consultado o 14 de febreiro de 2011.
- ↑ "Pilipino - weekly program" (en inglés). Sitio web de Radio Vaticano. Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2010. Consultado o 14 de febreiro de 2011.
- ↑ "Broadcast Schedule" (en inglés). Sitio web del consorcio Digital Radio Mondiale. Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2011. Consultado o 14 de febreiro de 2011.
- ↑ 8,0 8,1 "Europe 1st Programme" (en inglés). Sitio web de Radio Vaticana. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2011. Consultado o 14 de febreiro de 2011.
- ↑ "Trasmissioni in DRM" (en italiano). Sitio web de Radio Vaticana. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 14 de febreiro de 2011.
- ↑ "Stations, Vatican Radio" (en inglés). Sitio web de WRN Broadcast. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2011. Consultado o 14 de febreiro de 2011.
- ↑ 11,0 11,1 "El programa español" (en castelán). Sitio web de Radio Vaticana. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2010. Consultado o 14 de febreiro de 2011.
- ↑ "La Oficina para América latina" (en castelán). Sitio web de Radio Vaticano. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2011. Consultado o 14 de febreiro de 2011.
- ↑ "Asia & Oceania" (en inglés). Sitio web de Radio Vaticano. Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2011. Consultado o 14 de febreiro de 2011.
- ↑ "Programmi musicali" (en italiano). Sitio web de Radio Vaticano. Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2011. Consultado o 14 de febreiro de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Radio Vaticana |