Río Yamato
Aparencia
Yamato | |
---|---|
Río Yamato ao seu paso por Kashiwara. | |
País | Xapón |
Prefecturas | Osaka, Nara |
Nacemento | Sakurai |
Altitude | 822 m |
Lonxitude | 68 km |
Conca | 1070 km² |
Caudal medio | 13.51 m³/s |
Desembocadura | Baía de Osaka |
O río Yamato (大和川 Yamato-gawa?) é un río que cruza as prefecturas de Nara e Osaka, Xapón, e desemboca na baía de Osaka. É tamén denominado río Hatsuse (初瀬川 Hatsuse-kawa?) no seu curso superior. O río Yamato comeza onde finaliza o río Kamenose, que discorre entre os picos rochosos das cadeas montañosas de Ikoma e Kongo.
Orixinalmente, o río fluía cara ao norte desde Kashiwara, mais, desde 1704, o seu curso foi alterado, desviándoo cara ao oeste.[1]
O río Yamato nace ao norte da cidade de Sakurai, cerca do monte Kaigahira, a unha altitude de 822 m sobre o nivel do mar. Desemboca na baía de Osaka, entre as cidades de Osaka e Sakai.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Osaka City. "Yamato River" (en inglés). Consultado o 25 de marzo de 2014.
- ↑ Kashiwara City's web site. "Yamato River and Kashiwara-City" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2007. Consultado o 25 de marzo de 2014.