Saltar ao contido

Punjab, India

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPunjab, India
ਪੰਜਾਬ (pa)
पंजाब (hi) Editar o valor en Wikidata
Fotomontaxe
Imaxe

EpónimoPunjab Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 30°46′N 75°28′L / 30.77, 75.47
PaísIndia Editar o valor en Wikidata
CapitalChandigarh Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación27.743.338 (2011) Editar o valor en Wikidata (550,88 hab./km²)
Lingua oficiallingua punjabi Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie50.362 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1956 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe de estadoBanwarilal Purohit (en) Traducir (2021–) Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoPunjab Legislative Assembly (en) Traducir (Escano: 117) Editar o valor en Wikidata
• Chief Minister of Punjab (en) Traducir Editar o valor en WikidataBhagwant Maan (pt) Traducir (2022–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoPunjab Legislative Assembly (en) Traducir Circunscrición: 117, (Escano: 117) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2IN-PB Editar o valor en Wikidata

Sitio webpunjab.gov.in Editar o valor en Wikidata
BNE: XX461589

Punjab ou Punxab,[1] tamén coñecido como Punjab Oriental, é un Estado do norte da República da India, na rexión de Punjab.[2]

Xeografía e demografía

[editar | editar a fonte]

No Estado do Punjab viven uns 30 millóns de persoas, convivindo persoas de diversas relixións. A súa capital é Chandigarh. Coñécese principalmente como a terra dos deuses/gurús.[Cómpre referencia] Abarca unha superficie de 50.362 km². Na xeografía tradicional india cae baixo a zona norte da India. O Estado indio do Punjab componse de 22 distritos.

Etimoloxía e hidronimia

[editar | editar a fonte]

O nome Punjab está vinculado ao termo en lingua punjabi para "cinco augas". A palabra deriva de "cinco" (en punjabi Panj/Punj) e da palabra para "río/auga" (en punjabi ab). Orixinalmente, o Punjab indio contiña cinco ríos antes da partición.

Doab, ás veces escrito Duoab, Douaab ou Doaab é unha combinación das palabras indoiranís doab (dous/dúas) e āb (auga), e polo tanto significa (terra dos) dous ríos.[3] O termo "Doab" na India refírese a unha rexión de terra que está situada entre dous ríos confluentes. Os doabs están nomeados en función dos ríos que delimitan cada un deles. Por exemplo:

  • Bari Doab: entre os ríos Beas e Ravi.
  • Rechna Doab: entre os ríos Ravi e Chenab.
  • Jech Doab: entre os ríos Jhelum e Chenab.
  • Sindh Sagar Doab: entre os ríos Indus e Jhelum.
  • Bist Doab: tamén coñecido como Doaba, entre os ríos Beas e Sutlej.

Ás veces, en inglés, pode haber un artigo definido antes do nome, é dicir, The Doaba.[4]

Estas rexións son especialmente relevantes para a agricultura debido ao solo fértil e á abundancia de auga, o que as fai idóneas para a agricultura intensiva.

Economía

[editar | editar a fonte]

A metade da poboación de Punjab depende da agricultura, por iso a rexión é coñecida como "provedor de alimentos" (anna-datta- en punjabi).

Os actuais Estados nación da India e Paquistán, no seu conxunto, estiveron unha vez baixo o dominio do Imperio Británico. Durante este período, as poboacións indias ansiaban a independencia, aínda que existían profundas divisións entre hindús, sikhs e musulmáns. Debido a estas tensións e en busca dunha solución pacífica para garantir a gobernanza, propúxose a partición do subcontinente indio.

En 1947, como parte dos acordos de independencia da India británica, o Punjab, unha provincia no noroeste, foi dividido en dúas rexións: o Punjab Occidental, que pasou a formar parte do novo Estado de Paquistán, e o Punjab Oriental, que se integraría na acabada de constituír República da India.[5] Esta división foi motivada en gran parte polo movemento activo a favor da independencia, como o movemento Khalistan, que é unha demanda política de algúns nacionalistas sikhs para crear un estado nacional sikh no Punjab.[6][7]

A partición do Punjab foi unha das máis traumáticas para as comunidades implicadas, con grandes movementos de poboacións e significativos conflitos sociais e relixiosos como consecuencia.[8][9]

Símbolos do Punjab Oriental

[editar | editar a fonte]
  1. "Punxab". Diciopedia do século 21 3. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1719. 
  2. A histórica rexión do Punjab non coincide exactamente co Estado actual e abarca administrativamente varios Estados da India e do Paquistán.
  3. Singh, Pritam (2008). Federalism, Nationalism and Development: India and the Punjab Economy (en inglés). Routledge. ISBN 978-0-415-45666-1. 
  4. "Asia-Pacific, India". cic.gc.ca. 
  5. Butalia, Urvashi (2000). Partition of India: The Human Impact. Columbia University Press. pp. 115–117. 
  6. "Khalistan: Why are some Sikhs calling for a separate homeland in India?" (en inglés). 2023-09-19. Consultado o 2024-10-30. 
  7. "Kashmir profile - Timeline". BBC News (en inglés). 2012-01-05. Consultado o 2024-10-30. 
  8. Larry Collins e Dominique Lapierre (1975). Freedom at Midnight. Simon & Schuster. 
  9. Brasted, H. V.; Bridge, Carl (1994-06). "The transfer of power in South Asia: An historiographical review". South Asia: Journal of South Asian Studies (en inglés) 17 (1): 93–114. ISSN 0085-6401. doi:10.1080/00856409408723200. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]