Prosopium
Prosopium Rango fósil: Mioceno tardío - Actualidade.[1] | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prosopium cylindraceum | |||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||||
|
Prosopium é un xénero de peixes osteíctios da familia dos salmónidos, subfamilia dos coregoninos.[2][3][4]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1878 polo naturalista estadounidense, especializado en ictioloxía, David Starr Jordan.[2][3][4]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Prosopium está tirado do nome do grego antigo προσωπεἵον prosōpeíon, "máscara".[5]
Sinónimo
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polo sinónimo:[3]
- Irillion Jordan, 1919
Especies
[editar | editar a fonte]Na actualidade recoñécense no xénero as seguintes seis especies:[2][4]
- Prosopium abyssicola (Snyder, 1919)
- Prosopium coulterii (Eigenmann & Eigenmann, 1892)
- Prosopium cylindraceum (Pennant, 1784)
- Prosopium gemmifer (Snyder, 1919)
- Prosopium spilonotus (Snyder, 1919)
- Prosopium williamsoni (Girard, 1856)
Nota taxonómica
[editar | editar a fonte]As especies de Prosopium estiveron antigamente clasificadas no moi similar xénero Coregonus, até que Koelz, en 1929, elevou o daquela subxénero Prosopium á categoría de xénero.[6]
Distribución
[editar | editar a fonte]Son peixes dulciacuícolas que habitan nas zonas setentrionais de América do Norte e do leste de Rusia, onde viven nos lagos e nos ríos grandes, visitando estes últimos as augas salobres.[7]
Características
[editar | editar a fonte]Anatomica e xeneticamente son simlares aos outros corégonos, pero co corpo máis cilíndrico.[8]
Son salmónidos de cor de prateada a branca, co corpo de sección arredondada, cun pequeno fociño coa boca na parte inferior. Ambas as mandíbulas carecen de dentes. No primeiro arco branquial hai de 13 a 45 espiñas branquiais curtas e fortes. A aleta dorsal está sustentada por de 10 a 14 raios, e a aleta caudal está bifurcada.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sepkoski, Jack (2002). "A compendium of fossil marine animal genera". Bulletins of American Paleontology 363: 1–560. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2009. Consultado o 14 de marzo de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Prosopium Jordan, 1878 no WoRMS. Consultado o 14 de marzo de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Prosopium Jordan, 1878 no GBIF. Consultado o 14 de marzo de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Prosopium Jordan, 1878 na BioLib. Consultada o 14 de marzo de 2022.
- ↑ Prosopion no Merriam-Webster Dictionary.
- ↑ Walter Koelz (1929): Coregonid Fishes of the Great Lakes. Washington, U.S. Govt. Print. Off. (Tese de doutoramento na Universitdae de Michigan, 1920).
- ↑ Especies de Prosopium Arquivado 26 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en FishBase.
- ↑ Booke, H. E. (1974): "A cytotaxonomic study of the round whitefishes, genus Prosopium". Copeia 1974 (1): 115-119.
- ↑ Lawrence M. Page & Brooks M. Burr (2011): Peterson Field Guide to Freshwater Fishes. Boston, Massachusetts: Houghton Mifflin Harcourt. ISBN 978-0-5472-4206-4, pp. 44–45.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Prosopium |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Prosopium |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Eschmeyer, W. N., ed. (2014): Catalog of fishes: Genera, Species, References. California Academy of Sciences, department Ichtyology.
- Froese, Rainer & Daniel Pauly, eds. (2008): Salmoniformes en FishBase.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7, pp. 69–82.