Progressive Field
Progressive Field | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 41°29′45″N 81°41′07″O / 41.495833333333, -81.685277777778 |
Localización | Cleveland, Estados Unidos |
Alcume | The Jake The Pro |
Nomes antigos | Jacobs Field (1994–2008) |
Construción | |
Construción | 13 de xaneiro de 1992 |
Inauguración | 2 de abril de 1994 |
Arquitecto | HOK Sport Whitley & Whitley Architects Triad Design |
Enxeñeiro | Osborn Engineering Polytech Engineering |
Custo | $175 millóns (1994) |
Estadio | |
Superficie | Kentucky Bluegrass (herba natural) |
Dimensións | Left field – 325 ft (99 m) Left-center – 370 ft (113 m) Center field – 405 ft (123 m) Deep center field – 410 ft (125 m) Right-center – 375 ft (114 m) Right field – 325 ft (99 m) Backstop – 60 ft (18 m) |
Capacidade | 34.788 espectadores |
Asist. máxima | 45.274 (4 de outubro de 1997) Yankees 6−1 Indians (MLB) |
Propietario | Condado de Cuyahoga |
Operadora | Gateway E. D. Corporation |
Localía | Cleveland Indians (1992–presente) |
Web | http://cleveland.indians.mlb.com/cle/ballpark/index.jsp |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Progressive Field é un parque de béisbol das Ligas Maiores (MLB) situado no centro da cidade de Cleveland, Ohio (Estados Unidos). Lar dos Cleveland Indians, é xunto co Quicken Loans Arena parte do Complexo Deportivo e de Entretemento Gateway.[1] No ano 2008 foi considerado por unha enquisa entre seareiros realizada por Sports Illustrated como o mellor estadio da MLB.[2]
O estadio foi inaugurado co nome de Jacobs Field en 1994 para substituír o Cleveland Stadium, recinto que compartían cos Cleveland Browns da National Football League (NFL). No 2008, a Progressive Corporation, compañía de seguros con sede no suburbio de Mayfield, adquiriu os dereitos de nome do estadio durante 16 anos por 58 millóns de dólares. O anterior nome proviña dos propietarios da franquía, Richard e David Jacobs, que adquiriran os dereitos após a inauguración do recinto. Actualmente, o estadio é coñecido ás veces de forma informal como "The Jake" en referencia o primeiro nome.[3]
No momento de inauguración do estadio, tiña capacidade para albergar 42.865 espectadores. Entre 1995 e 2001 conseguiron encher o estadio durante 455 xogos consecutivos. Debido a diferentes reformas ao longo dos anos, a capacidade do estadio foise modificando, chegando aos 45.569 espectadores en 2010. Após as reformas das feitas nos anos 2014 e 2015, onde se reconfiguraron múltiples áreas do estadio, a capacidade viuse reducida até os 34.788 espectadores. Con todo, a capacidade é ampliábel por medio de localidades supletorias.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Gateway Property". Gateway Economic Development Corporation. Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2013. Consultado o 31 de marzo de 2019.
- ↑ "MLB Ballpark Rankings: Cleveland Indians". Sports Illustrated. 2008. Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2008. Consultado o 31 de marzo de 2019.
- ↑ Hoynes, Paul (2 de abril de 2011). "Few Fans and Less Pitching Haunt Cleveland Indians in 8-3 Loss to Chicago White Sox". The Plain Dealer (Cleveland).