Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia
O Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia é un galardón anual outorgado conxuntamente polo Grupo Compostela de Universidades e o Goberno galego.
Historia e características
[editar | editar a fonte]A primeira entrega do galardón tivo lugar en 1996 trala firma dun acordo entre o Grupo Compostela de Universidades e a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.
O premio condecora aquelas persoas ou institucións destacadas debido ao seu traballo en favor da difusión de proxectos ou ideas de alcance internacional, especialmente aquelas relacionadas coa promoción do ideal común europeo, a educación e a preservación da nosa herdanza cultural.
A Xunta de Galicia e as universidades membros do Grupo Compostela presentan anualmente candidaturas a este premio, que está dotado dunha recompensa monetaria e unha medalla de ouro conmemorativa con forma de cuncha (o símbolo durante séculos da peregrinación a Santiago e a imaxe escollida polo Grupo Compostela de Universidades).
Galardoadas/os
[editar | editar a fonte]Ano | Premiado |
---|---|
1997 | Jacques Santer |
1998 | Václav Havel |
1999 | Helmut Rilling |
2000 | Cees Nooteboom |
2001 | Carla Del Ponte |
2002 | Álvaro Siza |
2003 | Manuel Cecilio Díaz y Díaz |
2004 | Miguel Siguan Soler |
2005 | Wladyslaw Bartoszewski |
2006 | Helsinki Group on Women and Science |
2007 | Manuel Castells |
2008 | Channel Arte |
2009 | Amin Maalouf |
2010 | Mohamed ElBaradei |
2011 | Neelie Kroes |
2012 | O Colexio de Europa |
2013 | Euronews |
2014 | Lennart Levi |
2015 | Programa Erasmus |
2016 | CIRCOM[1] |
2017 | Marcelino Oreja Aguirre |
2018 | María Pilar Alonso Abad[2] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "CIRCOM gaña o XX Premio Internacional Grupo Compostela - Xunta de Galicia". CRTVG. 3 de maio de 2018. Consultado o 28 de maio de 2018.
- ↑ "María Pilar Alonso Abad recibe o XXII Premio do Grupo Compostela-Xunta de Galicia". 25 de maio de 2018. Consultado o 28 de maio de 2018.