Saltar ao contido

Praha, Texas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPraha, Texas
Imaxe

Localización
Mapa
 29°40′N 97°04′O / 29.67, -97.07
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoTexas
CondadoCondado de Fayette (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Sinal de benvida a Praha, Texas.

Praha é unha área non incorporada do Condado de Fayette, en Texas (Estados Unidos), situada a aproximadamente 85 km ao sueste da capital do estado, Austin.

A localidade actual recibiu orixinalmente o nome de Mulberry por parte dos primeiros colonos: James C. Duff, William Criswell e Leroy Criswell. Tamén foi coñecida como Hottentot.[1] a name which apparently referred to a band of local outlaws.)

En 1854 un inmigrante checo chamado Matiáš Novák comprou 100 acres (0,40 km²) de terra e construíu unha casa onde se comezaron a oficiar misas. A súa chegada atraeu a outros inmigrantes checos, incluídos Jan Baca, Josef Vyvjala, Ondřej Gallia, Josef Hájek, František Václ, e George Morýsek. En 1858 a vila foi renomeada como Praha, o nome local da capital checa, Praga.

A pequena vila foi medrando nas seguintes décadas. En 1865 Joseph Bithowski, un monxe cisterciense, construíu unha pequena igrexa, e na medianoite do día de Nadal oficiouse a primeira misa. En 1868 creouse unha escola pública, e na década dos '80 do século XIX a vila xa contaba con tres tendas, un restaurante, e unha nova igrexa que serviu como parroquia ás cidades circundantes. En 1884 abriuse unha oficina de correos, e en 1896 unha escola católica checa.

Praha comezou un declive gradual logo de 1873, cando a Southern Pacific Railroad decidiu pasar unha milla ao norte da cidade e Flatonia, unha nova cidade fundada preto das vías, comezou a albergar negocios fóra de Praha.

No seu momento de esplendor, Praha contaba con 700 habitantes, mais durante o século XX a súa poboación nunca chegou a superar os 100 habitantes, e en 1906 a oficina de correos pechou. Contra o ano 1968 a poboación caera ata os 25 habitantes e en 1973 pecharan as escolas parroquiais e públicas.

Porén, os fieis da zona continuaron a asistir ás misas na igrexa parroquial, na actualidade o edificio máis característico da vila. Este edificio neogótico finalizouse en 1892 e é o centro das celebracións anuais da Asunción de María, celebrado tódolos días 15 de agosto dende 1892. Coñecido actualmente como Praha Picnic, a celebración atrae a uns 5.000 visitantes para ver a súa tradicional polca e kolaches.

Durante a segunda guerra mundial Praha tivo o dubidoso honor de ser a vila dos Estados Unidos cunha maior proporción de mortes por residente. O maior número de mortes foi no ano 1944, cando morreron 9 soldados da vila. Tres pequenas capelas idénticas foron construídas en memoria das mortes.

  1. Un nome que ao parecer fai referencia a unha banda de foraxidos local.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]