Portas do suicidio
As portas de suicidio ou portas de abertura inversa son un tipo de portas usadas nos automóbiles, caracterizadas por abrírense en dirección contraria ás portas convencionais.
Historia
[editar | editar a fonte]Noutrora foron empregadas con maior asiduidade, malia que endexamais chegaron a ser maioritarias. Hoxe en día apenas son producidas, por mor entre outros motivos dos numerosos problemas de seguridade que presentan. Así, o propio nome reflicte o aumento do perigo de caída ou succión do pasaxeiro pola parte da porta se esta chega a abrirse namentres o auto está en movemento. O risco potencial é evidente: cando se circula a gran velocidade, o rápido movemento do aire arredor do coche crea unha zona de baixa presión que actúa como unha forza exterior na porta, tentando abrila. O efecto nas portas convencionais é o oposto, facilitando o peche desta.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Portas do suicidio |