Portal:Colombia/Lugar de interese/6
A Serra Nevada de Santa Marta é o sistema montañoso litoral máis alto do planeta; situado ó norte de Colombia que constitúe en por si mesmo un sistema illado dos Andes, sobre a costa Caribe de Colombia. É a formación montañosa litoral máis alta do mundo, a cal se eleva abruptamente dende as costas do mar Caribe até acadar unha altura de 5.775 metros nos seus picos nevados, situados a tan só 42 quilómetros deste, poden observarse claramente dende as cidades máis achegadas.
Cunha superficie aproximada de 17.000 km², é a montaña máis alta de Colombia, illada da cordilleira dos Andes polo sistema de vales que forman os ríos Cesar e Ranchería. O seu pico máis alto é o Pico Cristóbal Colón.
A Serra Nevada de Santa Marta forma parte do Parque nacional natural Serra Nevada de Santa Marta e do Parque Nacional Natural Tayrona, os cales son administrados polo Ministerio do Medio Ambiente. Atópase entre os departamentos de Magdalena, La Guajira e o Cesar, no Caribe colombiano.