Saltar ao contido

Pont du Gard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaPont du Gard
(fr) Pont du Gard Editar o valor en Wikidata
Imaxe do interior
Imaxe
(2014)
Tipoponte en arco
ponte de pedra
acueduto romano
ponte romana
atracción turística
estrutura romana Editar o valor en Wikidata
Parte deacueduto de Nîmes Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaQ18667157 Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaVers-Pont-du-Gard, Francia Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónVers-Pont-du-Gard Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°56′50″N 4°32′08″L / 43.9473, 4.5355
Características
Dimensións48 (altura) m × 4.900 (altura) cm × 275 (lonxitude) m × 27.000 (lonxitude) cm
AtravesaGardon (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Permite o paso deacueduto romano e Fontaine d'Eure (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Material usadoshelly limestone (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
SuperficiePatrimonio da Humanidade: 0,3257 ha
zona de protección: 691 ha Editar o valor en Wikidata
Gran Sitio de Francia  
Data2004
Monumento histórico inscrito  
Data31 de decembro de 1997
IdentificadorPA00103291
Monumento histórico inscrito  
Data5 de febreiro de 1987
IdentificadorPA00103291
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural  → Europa-América do Norte
Data1985 (9ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i), (iii) e (iv) Editar o valor en Wikidata
Extensión dun sitio Patrimonio da Humanidade2007 Editar o valor en Wikidata
Identificador344
Monumento histórico clasificado
Data1840
IdentificadorPA00103291
Historia
Data de creación ou fundaciónséculo I Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
2007 extensión dun sitio Patrimonio da Humanidade Editar o valor en Wikidata

Sitio webpontdugard.fr Editar o valor en Wikidata

A pont du Gard ou ponte do Gard é unha parte dun acueduto romano de tres corpos de altura, situado no sur de Francia, preto de Remoulins, no departamento de Gard. Atravesa o río Gard. Constituído por tres arcadas, a súa estrutura, a xeito de ponte, ten 49 metros de altura e 275 metros de lonxitude. En 1985 foi proclamado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

A pont du Gard ca. 1850- cliché de Édouard Baldus.

A pont du Gard formaba parte dun acueduto de preto de 50 km de lonxitude, que levaba auga desde o manatial de Uzès (aínda que se ignora o lugar preciso de captación da auga) ata a cidade romana de Nemausus, hoxe Nîmes. O acueduto de Nîmes debe ser construído no século I d.C., segundo se deduce de diversas probas. Os túneles datan da época de Augusto ou de sobre anos arredor, polo que o acueduto en si ten que ser posterior. Por outra banda, moedas atopadas nos depósitos de auga de Nîmes, ou recollidas no mesmo acueduto, non datan máis alá da época do emperador Claudio (41-54). Todo leva a pensar que o acueduto, do que a pont du Gard é parte, debeu ser levantado entre os anos 20 e 40 d.C., ou como moito algo máis tarde.

Construción

[editar | editar a fonte]

As fontes de auga está só a 12 m por enriba do nivel dos depósitos da cidade de Nîmes. Os enxeñeiros romanos tiveron que facer gala dunha gran precisión para lograr que a auga chegase por gravidade ata a cidade. O acueduto enteiro ten unha pendente de 34 cm por km, é dicir 1/3.000, o que constitúe un esforzo técnico máis que notábel. Ten un trazado sinuoso para aproveitar ao máximo o relevo (a voo de paxaro Uzès está a só 20 km de Nîmes). A ponte foi construída para que a auga puidese atravesar o val do río Gard, transportando 20.000 metros cúbicos de auga por día ata Nîmes. A auga tardaba unha xornada en chegar desde as fontes do río Eure, preto de Uzès, ata a obra de repartición, aínda visíbel na rúa de La Lampèze en Nîmes, denominada o Castellum (que era o nome latino de tales obras). Nemausus-Nîmes estaba ben provista de auga, mercé a diversos pozos e máis un manancial próximo, de xeito que o acueduto non era vital, senón unha construción prestixiosa, destinada á subministración das termas, baños e outras fontes cidadás.

Foi construído por enteiro sen auxilio de morteiro, mais os bloques pétreos —algúns de seis toneladas de peso— están sostidos con pezas de ferro. Son de pedra calcaria, obtidos dunha pedreira situada a menos de 1 km do monumento. Os perpiaños eran erguidos por medio dunha roda, movida polos obreiros, que fornecía a potencia necesaria a unha cabria. Para soster a ponte foi precisa unha andamiaxe complexa, da que fican trazas na fachada da ponte como sinais de apoios e arestas saíntes nas pilastras. Suponse que a construción debeu durar tres anos, empregándose entre 800 e 1.000 obreiros no obradoiro.

O mestre de obras, descoñecido, debeu ser un extraordinario enxeñeiro. A ponte du Gard presenta, de feito, unha característica única na Antigüidade: cada unha das grandes bóvedas resulta da xustaposición de varias bóvedas independentes (catro no corpo inferior e tres no segundo), o que outorga ao conxunto a capacidade de adaptarse a lixeiros movementos e deterioracións, inevitábeis co paso de tempo. Xunto aos excelentes fundamentos da obra e da construción, de seguro permitiron resistir o paso dos séculos á pont du Gard. Esa partición da bóveda á xeito de aneis independentes non se atopa máis que na zona de Narbona: pontes romanas de Sommières, Boisseron, Ambrussum, Nages e Solorgues.

O conduto da auga, sito no terceiro nivel ou corpo, está construído de morteiro e cascallo, con paredes de seixo. Ten asegurada a súa estanqueidade cunha cubrición por medio doutro morteiro vermello (mesturado con barro de tella). As dimensións dos túnel permiten que un home poida facer as reparación con comodidade.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]