Polyprion
Aparencia
Polyprion | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Polyprion americanus no Aquarium Finisterrae da Coruña | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
|
Polyprion (do grego πολύς polýs, "moito", "numeroso" e πρίων príōn, "serra", en alusión ás prominentes aletas espiñentas) é o xénero tipo da familia dos polipriónidos (Polyprionidae), peixes actinopterixios da orde dos perciformes (Perciformes).[1]
Características
[editar | editar a fonte]- Peixes de considerábel tamaño, coa cabeza grosa e maciza e un opérculo dotado de dúas espiñas arredondadas.
- Unha soa aleta dorsal, con de 9 a 12 espiñas e de 11 a 13 raios brandos; unha anal con 3 espiñas e de 7 a 10 raios brandos; aletas pelvianas cunha espiña e 5 raios brandos; aleta caudal truncada ou arredondada.
- Viven nos fondos oceánicos, onde se resgardan no interior de covas.
Clasificación
[editar | editar a fonte]O xénero comprende as catro especies seguintes:[1]
- Xénero Polyprion (Oken, 1817)
- Polyprion americanus (Bloch e Schneider, 1801), a cherna.
- Polyprion moeone (Phillipps, 1927)
- Polyprion oxygeneios (Schneider e Forster en Bloch e Schneider, 1801)
- Polyprion yanezi (de Buen, 1959)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Polyprion en Global Biodiversity Information Facility (en inglés) Consultada o 30/11/2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): Sharks of the World. New Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-12072-2.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Polyprion americanus en FishBase (en inglés) Consultada o 30/11/2012.
- Polyprion moeone en MSW (en inglés) Consultada o 30/11/2012.
- Polyprioo oxyeneios en FishBase (en inglés) Consultada o 30/11/2012.
- Polyprion yanezi en FishBase (en inglés) Consultada o 30/11/2012.
- Imaxes de Polyprion sp Consultada o 30/11/2012.