Saltar ao contido

Pobos austronesios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobos austronesios
Pobo amis de Taiwán realizando un baile tradicional.
Poboación
Poboación total:
400 millóns
Rexións principais:
Indonesia 260,6 millóns (2016)[1]
Filipinas 100,9 millóns (2015)[2]
Madagascar Madagascar 24 millóns (2016)[3]
Malaisia 19,2 millóns (2017)[4]
Tailandia 1,9 millóns[5]
Papúa Nova Guinea Papúa Nova Guinea 1,3 millóns[Cómpre referencia]
Timor Leste 1,2 millóns (2015)[6]
Nova Zelandia Nova Zelandia 855 000 (2006)[7][8][9]
Singapur 700 000[10]
Taiwán 540 000 (2016)[11]
Illas Salomón Illas Salomón 478 000 (2005)[Cómpre referencia]
Fidxi Fidxi 456 000 (2005)[12]
Brunei 450 000 (2006)[13]
Vanuatu Vanuatu 272 000
Camboxa 249 000 (2011)[14]
Polinesia Francesa Polinesia Francesa 230 000 (2017)[15][16]
Samoa Samoa 195 000 (2016)[17]
Vietnam 162 000 (2009)[18]
Guam Guam 150 000 (2010)[19]
Hawai Hawai 140 652–401 162[20] (depending on definition)
Kiribati 110 000 (2015)[21]
Nova Caledonia Nova Caledonia 106 000 (2019)[22][23]
Estados Federados de Micronesia Micronesia 102 000[24]
Tonga Tonga 100 000 (2016)[25]
Aspectos culturais
Lingualinguas austronesias
Mapa da extensión dos pobos austronesios.

Os pobos austronesios[26] son un grupo de poboación presente en Oceanía e o sueste Asiático que falan, ou cuxos antepasados falaban, algunha das linguas austronesias. Son orixinarios da illa de Taiwán e inclúen ós malaio-polinesios que se expandiron por toda Oceanía, agás Australia, ademais de Madagascar.

Entre os pobos austronesios inclúense: os indíxenas de Taiwán; a maior parte dos grupos étnicos de Timor LesteIndonesia, Malaisia, Brunei, Filipinas, así como os pobos aborixes de Madagascar, Nova Zelandia, Micronesia, Melanesia e Polinesia. Os territorios poboados polos austronesios reciben o nome de Austronesia.

Orixe e difusión

[editar | editar a fonte]

Tanto a evidencia lingüística como a evidencia arqueolóxica permite asegurar que os pobos austronesios tiveron a súa orixe na illa de Taiwán tras unha migración de pobos de lingua pre-austronesia dende Asia continental en 10 000-6000 a. C.

A investigación interdisciplinar, con achegas da arqueoloxía, a etnobotánica e a lingüística, permitiu reconstruír as traxectorias de difusión xeográfica das linguas austronesias e de certas técnicas agrícolas. Segundo esta investigación, hai uns 5000 anos (3000 a. C.), os habitantes do litoral da China meridional, cultivadores de paínzo e de arroz, comezaron a cruzar o estreito para instalarse en Taiwán. Cara ao 2000 a. C., ditas linguas e técnicas difundíronse desde Taiwán até Filipinas, e logo dende estas cara ás Célebes e Timor, para, desde alí, estenderse por outras illas do arquipélago de Indonesia. No 1000 a. C., outro movemento de pobos levou a poboacións dende Filipinas a Nova Guinea e máis aló, cara ás illas do Pacífico.

  1. "Proyeksi penduduk Indonesia/Indonesia Population Projection 2010–2035" (PDF). Badan Pusat Statistik. ISBN 978-979-064-606-3. 
  2. "Highlights of the Philippine Population 2015 Census of Population". Philippine Statistics Authority (en inglés). Republic of the Philippines. Consultado o 15 de maio do 2020. 
  3. "Population, total". Data. World Bank Group. 2017. Consultado o 29 de abril de 2018. 
  4. "Malaysia". The World Factbook. Central Intelligence Agency. Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2010. Consultado o 29 de abril de 2018. 
  5. "Population movement in the Pacific: A perspective on future prospects". Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2013. Consultado o 22 de xullo de 2013. 
  6. "2015 Census shows population growth moderating". Government of Timor-Leste. Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2016. Consultado o 24 de xullo de 2016. 
  7. "Population movement in the Pacific: A perspective on future prospects". Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2013. Consultado o 22 de xullo de 2013. 
  8. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2009. Consultado o 15 de maio de 2020. 
  9. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2007. Consultado o 15 de maio de 2020. 
  10. About 13.6% of Singaporeans are of Malay descent. In addition to these, many Chinese Singaporeans are also of mixed Austronesian descent. See also "Key Indicators of the Resident Population" (PDF). Singapore Department of Statistics. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de xullo de 2007. Consultado o 25 de abril de 2007. 
  11. Ramzy, Austin (1 de agosto de 2016). "Taiwan's President Apologizes to Aborigines for Centuries of Injustice". The New York Times. Consultado o 17 de xaneiro de 2020. 
  12. "FIJI TODAY 2005 / 2006" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de abril de 2007. Consultado o 23 de marzo de 2007. 
  13. "Brunei". The World Factbook. Central Intelligence Agency. xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2015. Consultado o 10 de abril de 2019. 
  14. Joshua Project. "Cham, Western in Cambodia". Joshua Project. Consultado o 15 de outubro de 2019. 
  15. "La population légale au 17 août 2017 : 275 918 habitants". ISPF. Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2018. Consultado o 16 de febreiro de 2018. 
  16. Most recent ethnic census, in 1988. "Frontières ethniques et redéfinition du cadre politique à Tahiti" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de marzo de 2009. Consultado o 31 de maio de 2011.  Approximately 87.7% of the total population (275,918) are of unmixed or mixed Polynesian descent.
  17. "Population & Demography Indicator Summary". Samoa Bureau of Statistics. Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2019. Consultado o 25 de xuño de 2018. 
  18. the 2009 Vietnam Population and Housing Census: Completed Results 2009 Census Arquivado 14 de novembro de 2012 en Wayback Machine., Hà Nội, 6-2010. Table 5, páxina 134
  19. "The Native Hawaiian and Other Pacific Islander Population: 2010" (PDF). census.gov. US Census Bureau. Consultado o 11 de agosto de 2017. 
  20. "U.S. 2000 Census". Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2011. Consultado o 23 de novembro de 2014. 
  21. "Kiribati Stats at a Glance". Kiribati National Statistics Office. Ministry of Finance & Economic Development, Government of Kiribati. Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2017. Consultado o 17 de xaneiro de 2020. 
  22. "La Nouvelle-Calédonie compte 271 407 habitants en 2019.". Institut de la statistique et des études économiques. ISEE. Consultado o 17 de xaneiro de 2020. 
  23. "Recensement de la population en Nouvelle-Calédonie en 2009". ISEE. Consultado o 17 de xaneiro de 202039.1% if the population are native Kanak 
  24. Aproximadamente o 90.4% total da poboación é nativa das illas do Pacifico.
  25. [1]. Tonga 2016 Census Results (11 de novembro de 2016).
  26. "Entrada austronesio en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2018. Consultado o 03 de maio de 2018.