Placa pacífica
Aparencia
A placa pacífica é unha placa tectónica oceánica que abarca a maior parte do océano Pacífico. É a placa mais grande do planeta. Unha das súas principais características é o punto quente "cinto de lume" interior que deu orixe ás Illas Hawai e a numerosos volcáns.[1]
Límites
[editar | editar a fonte]As placas coas que limita son:
- Ó norte a placa norteamericana, coa que ten un converxente que forma a Fosa das Aleutianas e as Illas Aleutianas.
- Ó sur, a placa antártica, coa que ten unha beira diverxente.
- Ó leste, a placa do explorador, a placa Xoán de Fuca e a placa de Gorda na parte Norte; a Placa Norteamericana (ó longo da Falla de San Andrés) e a placa de Cocos no centro; ó Sur coa placa de Nazca. En todos estes casos trátase de beiras diverxentes.
- Ó oeste, a placa eurasiática, a placa filipina (en cuxa beira fórmase a Foxa das Marianas) e a placa indoaustraliana, coa que ten un límite xeralmente converxente, pero noutras partes é un bordo transformante, por exemplo á altura da Falla Alpina.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Strahler, Arthur N. (1992). "12". Geología física (en castelán). Barcelona: Omega. pp. 260,289. ISBN 84-282-0770-4.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Placa pacífica |