Saltar ao contido

Plaça de Tetuan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Plaça de Tetuan
Monumento a Bartomeu Robert, na praza.

A Plaça de Tetuan é unha praza da cidade de Barcelona, na que se cruza a Gran Via de les Corts Catalanes co Passeig de Sant Joan, ao noroeste do Arco de Triunfo. No centro da praza atópase un xardín con numerosas plantas, non accesible aos viandantes.

A palabra "Tetuan" ten a súa orixe no árabe "Tiṭwān" e significa "ollo" ou "fonte". Mirándoa desde o ceo, pódese ver como a praza ten realmente forma de ollo.

Na praza está a estación de Tetuan do Metro de Barcelona así como varias paradas de autobús. A zona conta ademais con numerosos hoteis.

Monumento ao Doutor Robert

[editar | editar a fonte]

No centro da praza hai unha grande estatua, o monumento ao doutor Bartomeu Robert. Robert naceu en México e trasladouse a Barcelona, onde se converteu en alcalde durante 6 meses. Durante o seu mandato negouse a aprobar un novo imposto e ao mesmo tempo levou a cabo o censo dos habitantes da cidade.

A estatua, símbolo da identidade nacional catalá, foi orixinalmente inaugurado na Plaça Universitat en 1910 ante unha gran multitude. Franco quería destruír a estatua por mor do seu simbolismo catalán, pero o alcalde fixo eliminar o monumento discretamente, almacenadoo nun pendello na rúa de Wellington, onde descansou ata 1975. Tras a morte de Franco, o monumento foi restaurado e púxose durante unha cerimonia pública na praza de Tetuan en 1985.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]