Pilularia
Pilularia | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lámina de Pilularia globulifera | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
Pilularia é un xénero de pteridófitas da clase das polipodiópsidas e orde das salviniais, un dos tres incluídos na familia das marsileáceas.
O xénero comprende especies de fieitos acuáticos distribuídos polas rexións temperadas; no hemisferio norte, en Norteamérica, Europa e nas montañas de Etiopía e, no hemisferio sur, en Australia, Nova Zelandia e o oeste de América do Sur.
A especie tipo é Pilularia globulifera Linnaeus, 1753
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1753 por Linneo na páxina 1100 do tomo II da súa obra Species Plantarum.[1]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Pilularia está foramdo pola unión dos elementos pilul- e -aria. O primeiro está tirado do latín pilula, "pequena bóla",[2] e o segundo é unha desinencia do latín científico derivada do latín -arius, -aria, -arium, elemento formador de adxectivos co significado de "relacionado coa raíz derivativa."[3]
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo protónimo cuñado por Linneo, e actualmmente válido (2021), o xénero coñeceuse tamén polo sinónimo:[4]
- Spheroidia Dulac
Especies
[editar | editar a fonte]Dependendo do taxónomo, o xénero conta entre 3 e 6 especies.
Traballos recentes aceptan catro especies de Pilularia,[5] cunha quinta, P. novae-zealandiae, conespecífica de P. novae-hollandiae. Ademais, outra especie, P. dracomontana, foi descrita en Suráfrica.[6]
- Pilularia americana A.Braun
- Pilularia globulifera L.
- Pilularia minuta Durieu
- Pilularia novae-hollandiae A.Braun
- Pilularia dracomontana N. R. Crouch e J. Wesley-Smith
Características
[editar | editar a fonte]Son plantas pequenas con frondes semellantes a fíos e con rizomas rastreiros. Os esporanxios están en esporocarpos esféricos, que se forman nas axilas das frondes. Pilularia minuta do suoroeste de Europa é un dos fieitos máis pequenos.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Pilularia globulifera
-
Pilularia globulifera
-
Pilularia globulifera
-
Ilustracións de P. globulifera
-
Ilustracións de Pilularia minuta
-
Área de distribución de Pilularia americana
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Caroli Linnaei. Systema Plantarum. Exhibentes plantas rite cognitas, ad genera relatas, cum differentiis specificis, nominibus trivialibus, synonymis selectis, locis natalibus, secundum systema sexuale digestas. Tomus II. Holmiae: Impensis Laurentii Salvii, 1753.
- ↑ Pilularia no Merriam-Webster Dictionary,
- ↑ -ario, ia no DRAE
- ↑ Pilularia L. no GBIF. Consultado o 5 de marzo de 2021.
- ↑ Nagalingum, Nathalie S.; et al. (2008). "Assessing phylogenetic relationships in extant heterosporous ferns (Salviniales), with a focus on Pilularia and Salvinia" (PDF). Botanical Journal of the Linnean Society 157 (4): 673–685. doi:10.1111/j.1095-8339.2008.00806.x. Consultado o 5 de marzo de 2021.
- ↑ Crouch, N. R. & J. Wesley-Smith. "Pilularia dracomontana, a new species of pillwort from the Kwazulu-Natal Drakensberg, South Africa". Consultado o 5 de marzo de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pilularia |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pilularia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hassler, M. & Schmitt, B. (2019): World Ferns. Checklist of the Ferns and Lycophytes of the World. Versión 7.63 – xaneiro de 2019.
- Preston, C. D. & Croft, J. M. (1997): Aquatic Plants in Britain and Ireland. Colchester, UK: Harley Books. ISBN 0-9465-8955-0, pp. 31–32.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Pilularia no NCBI.
- Pilularia na Lista vermella da UICN.
- Pilularia L. no ITIS.
- Pillwort. Pilularia no EOL.
- Pilularia globulifera UK distributionArquivado 02 de setembro de 2005 en Wayback Machine. (en inglés).