Pilote
Aparencia
Pilote foi unha revista de historietas francesa, fundada por René Goscinny o 29 de outubro de 1959, na que foron publicados clásicos intemporais como "Astérix", "O Tenente Blueberry" ou "Valérian, axente espazo-temporal". Tralo maio do 1968, integrou unha sección de humor de actualidade, con traballos de Reiser ou Gotlib, e historietas máis adultas, como Les 6 Voyages de Lone Sloane de Philippe Druillet ou a serie "Lendas de hoxe" de Pierre Christin e Enki Bilal.
Foi de aparición semanal na súa orixe (1959) e mensual a partir de xuño de 1974. Pilote pechou en 1989.