Saltar ao contido

Philippe Starck

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPhilippe Starck

(2011) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xaneiro de 1949 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
EducaciónÉcole Camondo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoDeseño interior e deseño industrial Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndeseñador industrial, deseñador, empresario Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1968 Editar o valor en Wikidata -
ProfesoresHenri Malvaux Editar o valor en Wikidata
Participou en
12 de xuño de 1987documenta 8 Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiAndré Starck Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webstarck.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1306666 TED: philippe_starck Discogs: 3590778 Editar o valor en Wikidata

Philippe Starck, nado o 18 de xaneiro de 1949 en París,[1] é un arquitecto e deseñador industrial francés coñecido pola súa ampla gama de deseños, incluíndo deseño de interiores, arquitectura, obxectos domésticos, mobles, barcos e outros vehículos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O seu pai, André Starck, enxeñeiro aeronáutico, inspirou a Starck xa dende pequeno, facía "da invención un deber". A súa familia vivía na rexión de Alsacia, antes de que o seu avó se mudase a París. Estudou na École Nissim de Camondo de París. En 1968 fundou a súa primeira empresa, que producía obxectos inchables. En 1969 converteuse en director artístico de Pierre Cardin.[1]

En 1974 instalouse nos Estados Unidos e dous anos despois volveu a París, onde lanzou o seu primeiro night club, La Main Bleu, e o club nocturno Les Bains-Douches. En 1979 fundou a empresa Starck Product.

Durante a década de 1980 renovou os apartamentos privados do presidente francés François Mitterrand no Palais de l'Elysée, decorou os interiores do Café Costes de París e foi responsable dos interiores do Caffé Manin de Toquio. Tamén foi o encargado de decorar os interiores do Hotel Royalton de Nova York e deseñou os planos das instalacións da empresa francesa de cubertos Laguiole. A finais da década de 1980, construíu o barco La Fiamma para a empresa Asahi e a propiedade Nani Nani para Rikugo en Toquio.[2] ​Tamén se encargou do deseño de interiores do Teatro Infanta Beatriz[3]​ e Ramses en Madrid e foi o responsable da decoración interior do Hotel Paramount.

En 1991 participou na construción do Museo de Groningen, construíu o edificio de oficinas Le Baron Vert en Osaca para Meisei e ocupouse dunha serie de residencias privadas, como Lemoult (París), L'Angle (Anveres), 18 rapport maisons nos Ánxeles e unha residencia privada en Madrid. A finais dos 90, creou o catálogo Good Goods con La Redoute.[4]

En 2018, inaugurou dous edificios en Quito, Ecuador,[5] un dentro da zona urbana da cidade e outro na parroquia de Cumbayá; Para Starck, os edificios propoñen a vida comunitaria: "Vivimos nunha sociedade na que estamos cada vez máis sós, envexando aos nosos veciños. Aquí é todo o contrario, emprego un concepto de surrealismo moderno que ofrece sorpresa en todo o que se ve", dixo. Durante a inauguración de ámbolos proxectos os proxectos foron promovidos por Uribe & Schwarzkopf, promotora inmobiliaria liderada por Tommy Schwarzkopf, que foi o encargado de liderar a renovación urbana da cidade.

Arquitectura

[editar | editar a fonte]
  • Sede de Asahi Breweries en Sumida-ku, Toquio, Xapón.
    1978 - Night club Le Bains Douches, arquitectura de interiores, París, Francia
  • 1982 - Starck Club, Dallas
  • 1983/84 - Palais de l'Elysée, París
  • 1984 - Café Costes, París
  • 1985 - Restaurant Theatron, México
  • 1986 - Creeks, París; Jouet et Cie, París
  • 1987 - Restaurant Manin, Tokio; Lagouiole factory, Lagouiole; Maison Lemoult, París
  • 1988 - espazo para conciertos La Cigale, París, Café Mystiquw, Tokio; Hotel Royalton, Nova York
  • 1989 - Nani Nani, Tokio
  • 1990 - Agence design agency, París; Restaurante Asahi "La Flamme", Tokio; Hotel Paramont, Nova York; Restaurante Teatriz, Madrid
  • 1991 - Boutique Hugo Boss, París
  • 1992 - Salone Coppola, Milán; Le Baron Vert, Osaca, Xapón
  • 1993 - Groningen Museum, con Alessandro Mendini, Holanda
  • 1994 - Peninsula Hotel, Restaurant Felix; Oyster Bar Hong Kong; Starck House 3, Suíza;
  • 1995 - Hotel Delano, Miami Beach; Formentera House
  • 1996 - Placido Arango Jr. House, Madrid
  • 1997 - Asia de Cuba Restaurant, Nova York; Hotel Mondrian, Hollywood; Torre de control, Burdeos, Francia
  • 1998 - École Nationale des Arts Décoratifs (ENSAD), París, Francia 1999 - Hotel St. Martins Lane, Londres
  • 2000 - Chez Bon, París; Hotel Sanderson, Londres; Hotel Hudson, Nova York
  • 2001 - Hotel Clift, San Francisco
  • 2002 - TASCHEN Bookshop, París
  • 2003 - Museo Baccarat, París
  • 2004 - Faena Hotel+Universe , Buenos Aires
  • 2007 - Restaurante Ramses, Madrid
  • 2009 - Icon Vallarta, Puerto Vallarta, MX
  • 2010 - Reforma de La Alhóndiga, Bilbao
  • 2018 - Yoo, Quito & Cumbayá
Juicy Salif espremedor de limón de Philippe Starck. Deseñado para Alessi (1990)
  • 1970 - Francesca Spanish, cadeira, Starck Products
  • 1977 - Easy Light, cadeira, Starck Products
  • 1978 - Dr. Von Vogelsang, diván, Starck Products
  • 1984 - Richard III, cadeira
  • 1984 - Costes, cadeira, Driade
  • 1985 - Saraphis, cadeira, Driade
  • 1986 - Ed Archer, cadeira, Driade
  • 1986 - Lola Mundo, cadeira, Driade
  • 1988 - Ara, lámpada, Flos
  • 1990 - Dr. Glob, mesa e cadeira, Kartell; W.W. Stool, cadeira, Vitra
  • 1991 - Juicy Salif, espremedor, Alessi; Max le Chinois, coador de pasta, Alessi; Hot Bertaa, fervedoiro, Alessi
  • 1992 - Le paravent de l'autre, biombo, Driade
  • 1994 - Lord Yo, cadeira; Jim Nature, televisor, Saba
  • 1995 - Moto 6,5, moto, Aprilia
  • 1996 - Miss Trip, cadeira, Kartell
  • 2012 - Volteis, coche eléctrico
  • 2016 - Xiaomi Mi MIX, teléfono móbil
  • 2017 - Xiaomi Mi MIX 2, teléfono móbil
  • 2018 - Xiaomi Mi MIX 2S, teléfono móbil
  • 1980 - Oscar du luminaire.
  • 1985 - Chevalier de l'Ordre des Arts et des Lettres de Francia.
  • 1986 - Premios Delta de la Plata.
  • 1987 - Platium Circle.
  • 1988 - Grand Prix National de la création industrielle, París.
  • 1990 - Interior Architecture Award.
  • 1991 - Twelfth Annual Interiors Award.
  • 1995 - Good design Award; Prix d'excellence Marie Claire Maison; Trophées du Design Batimat; Design Preis Schweiz; Auszeichnung für hüchste Designqualität.
  • 1998 - Auszeichnung für hohe Designqualität.
  • 2000 - iF Product Design Award; Distinction; Red Dot for High Design Quality.
  • 2000 - Gold ADEX; German Ranking Design Award; Good Design Award.
  1. 1,0 1,1 "Philippe Starck". britannica.com. 
  2. "Unhex Nani Nani and Dual Curving". kikukawa.com. Consultado o 2023. 
  3. "Starck, Philippe". guia-arquitectura-madrid.coam.org. Consultado o 2023. 
  4. "Design: Starck naked". independent.co.uk. Consultado o 2023. 
  5. "El francés Philippe Starck visitó Quito para inaugurar dos nuevos íconos de la arquitectura". elcomercio.com. Consultado o 2023.