Saltar ao contido

Petisco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Petiscos ou pinchos de tortilla de patacas.

Un petisco é unha porción pequena de algo que se toma para probar, ou unha porción de comida, de pequeno tamaño e de pouco alimento, pero que sabe moi ben.[1]

En toda España adoita coñecerse co nome de pincho (pintxo na súa grafía en éuscaro) a unha pequena rebanda de pan sobre a que se coloca unha pequena porción de comida, e recibe este nome porque tradicionalmente se suxeita a comida ao pan cun palillo (aínda que esta no sexa unha característica obrigatoria).

Diferenza coa tapa

[editar | editar a fonte]

O petisco é moi similar a unha tapa. Pero a diferenza con esta, que adoita incluírse nalgúns bares ao pedir a bebida, o petisco ou pincho normalmente pídese por separado e adoita ser máis grande.

Petiscos fríos e quentes

[editar | editar a fonte]

Os petiscos fríos son aqueles que xeralmente están dispostos sobre a barra do bar e o cliente cólleos a vontade ou pide ao camareiro e logo, ao terminar de comer, págaos. Os quentes deben pedirse ao camariero, quen os solicita á cociña para ser preparados ou quentados ao momento.

Os petiscos ou pinchos en España

[editar | editar a fonte]

O pincho está especialmente asociado á gastronomía do País Vasco, na que adoita tomarse como aperitivo acompañado normalmente dun vaso de viño tinto (chamado txikito) ou un zurito, nome polo que se coñece ao pequeno vaso de cervexa de media caña, aproximadamente; este mesmo vaso é coñecido en Aragón como penalti, na Rioxa e en Burgos corto, e noutras zonas de España mini. Este costume é moi común nos bares do País Vasco, Cantabria, Navarra, A Rioxa, Asturias e Burgos. Dada a fama que está adquirindo esta forma de comer, cada vez son máis as persoas que deciden realizar a súa comida ou cena a base de pinchos, alternando de bar en bar.

Orixinariamente os ingredientes a colocar sobre o pan podían ser practicamente calquera, pero moitas veces son os máis habituais na cociña vasca: peixes (especialmente pescada, bacallau, anchoas, meixóns…), tortilla de patacas, pementos recheos, croquetas etc. Porén, a abundancia de ociñeiros novos no País Vasco e en San Sebastián en particular, froito das escolas de alta cociña e os restaurantes, está propiciando que moitos deles se dediquen a elaborar e crear novos e cada vez máis complexos pinchos, o que resulta nunha constante innovación e aparición de novas receitas. Dase cada vez máis unha coexistencia entre os pinchos tradicionais e a cociña en miniatura.

O máis habitual adoita ser coller un mesmo o pincho, que se sitúa en bandexas sobre a barra do bar, e comelo de pé mentres se parola cos amigos e se toma a bebida.

Os palillos

[editar | editar a fonte]

Nalgúns bares, a cada pincho lle colocan un palillo diferente para, ao final, contar os palillos que ten cada cliente e así calcular a conta. O uso de palillos máis longos ou máis curtos, ou de palillos con capuchóns de diferentes cores dase nalgúns bares, aínda que non é a norma xeral. De feito hai unha gran variedade de pinchos que, ao non haber nada que suxeitar, non levan palillo.[2]

Ademais, en Vitoria, Donosti e Bilbao, os palillos adoitan tirarse ao chan, cobrando o camareiro en función do que o cliente di que consumiu.[3]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]