Peter McKenzie
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de agosto de 1943 Wellington, Nova Zelandia |
Morte | 9 de setembro de 2023 (80 anos) |
Actividade | |
Ocupación | actor, actor de cinema, actor de televisión |
Período de actividade | 1987 - |
Familia | |
Fillos | Bret McKenzie |
Peter McKenzie é un actor de cine neozelandés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É máis coñecido polo seu papel como Elendil no filme de Peter Jackson, The Lord of the Rings: The Fellowship of the Ring. Tamén apareceu noutro filme de Jackson, King Kong no ano 2005.
O seu fillo, Bret, é membro do dúo cómico "Flight of the Conchords", e tamén aparece como un elfo sen nome (popularmente coñecido como "Figwit") no filme The Lord of the Rings: The Fellowship of the Ring e en The Lord of the Rings: The Return of the King.
McKenzie tamén é propietario e adestrador de cabalos de carreiras; incluíndo "Sculptor", cabalo que gañou o "Saab Quality at Flemington" no 2007 e clasificado para correr na Copa de Melbourne do mesmo ano.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Filme | Personaxe |
---|---|---|
1987 | Grange Hill (serie de televisión) | Clive |
1996 | Crossroads Café (serie de televisión) | Crítico de restaurante |
1998 | The Legend of William Tell (serie de televisión) | Capitán Guerreiro |
2000 | Dark Knight | Edwin de Stringburn |
2001 | The Lord of the Rings: The Fellowship of the Ring | Elendil |
2002 | In My Opinion (filme de televisión) | |
2005 | King Kong | Venture Crew |