Pete Sampras
Biografía | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 12 de agosto de 1971 (53 anos) Washington, D.C., Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||
Residencia | Bel Air | ||||||||||||||||||||
Educación | Palos Verdes High School (en) | ||||||||||||||||||||
Altura | 185 cm | ||||||||||||||||||||
Peso | 80 kg | ||||||||||||||||||||
Lateralidade | destro | ||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||
Ocupación | tenista (1988–2003) | ||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1988 - 8 de setembro de 2003 | ||||||||||||||||||||
Partido político | California Republican Party (en) | ||||||||||||||||||||
Patrimonio estimado | 43.280.489 $ | ||||||||||||||||||||
Deporte | tenis | ||||||||||||||||||||
Disciplina deportiva | tenis individual tenis dobres | ||||||||||||||||||||
Man de xogo | one-handed forehand (en) , one-handed backhand (en) e destro | ||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||
1992 | Xogos Olímpicos de 1992 | ||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||
Cónxuxe | Bridgette Wilson (2000–) | ||||||||||||||||||||
Fillos | Christian Sampras, Ryan Sampras | ||||||||||||||||||||
Irmáns | Stella Sampras | ||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||
Sitio web | petesampras.com | ||||||||||||||||||||
Peter "Pete" Sampras, nado na cidade de Washington o 12 de agosto de 1971, é un ex xogador profesional de tenis estadounidense. Os seus duelos co seu compatriota Andre Agassi axudaron na súa época a levantar o interese do público polo tenis e sementaron unha das rivalidades máis apaixonantes da historia do tenis.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pete Sampras, é o terceiro fillo de Sam e Georgia Sampras. Xa desde tenra idade, mostrou extraordinarias calidades atléticas. Tras descubrir unha raqueta no soto, pasaba horas golpeando unha pelota contra un frontón. En 1978 os Sampras mudáronse a Palos Verdes (California), onde o clima máis benigno permitíalle xogar unha maior cantidade de horas ao mozo Pete.
A familia inscribiuse no "Peninsula Racquet Club", onde o talento de Pete fíxose evidente. Á idade de 11 anos, xa incorporara ao seu xogo o sólido servizo e as voleas que serían unha marca rexistrada ao longo de toda a súa carreira.
O 30 de setembro de 2001, Sampras casou coa actriz Bridgette Wilson.
Carreira
[editar | editar a fonte]A carreira de Sampras no circuíto profesional empezou en 1988. A súa primeira vitoria nun torneo ocorreu en 1990 no campo sintético de Filadelfia, derrotando na final ao ecuatoriano Andrés Gómez, que ese mesmo ano conquistou Roland Garros. A súa primeiro vitoria nun torneos de Grand Slam foi no Aberto dos Estados Unidos de 1990, onde derrotou entre outros a Ivan Lendl, John McEnroe e na final a un mozo e prometedor Andre Agassi. Con 19 anos e 28 días, Sampras converteuse no xogador de menor idade en obter o título de cabaleiros no Aberto dos Estados Unidos. A rivalidade entre Agassi e Sampras prolongouse durante os 90.
En 1991 Sampras conquistou 5 títulos, incluíndo o seu primeiro ATP Tour World Championships equivalente á actual Tennis Masters Cup en Frankfurt. En 1992 logrou o seu primeiro título en clay (a superficie máis adversa para o seu xogo) en Kitzbuhel e alcanzou a final do US Open onde perdeu co sueco Stefan Edberg. Tamén foi parte do equipo campión de Copa Davis dese ano.
1993 viuno alcanzar o Nº1 do mundo en abril dese ano, o que foi algo sorpresivo entón, xa que Sampras non lograra ningún título de Grand Slam recentemente. As dúbidas quedaron de lado cando ese mesmo ano conquistou o primeiro dos seus títulos en Wimbledon derrotando na final ao seu compatriota Jim Courier. Alí iniciaríase unha serie de 7 títulos de Wimbledon en 8 anos. Non conforme con iso conquista o US Open dese ano ante o francés Cedric Pioline e finaliza a tempada como o claro nº1 do mundo cun récord de máis de 1.000 aces nesa tempada.
En 1994 conquista 10 torneos, incluíndo os bicampionatos en Wimbledon ante Goran Ivanisevic e no ATP Tour World Championship en Frankfurt. Ese ano conquistou o seu primeiro Aberto de Australia ante Todd Martin, polo cal poñería moita énfase en mellorar o seu xogo para conquistar o po de ladrillo de Roland Garros e completar así as vitorias nos catro torneos do Grand Slam.
Así como a herba de Wimbledon resaltou as virtudes deste xogador, o po de ladrillo foi un dos seus poucos puntos débiles, xa que nesta superficie o seu xogo de saque e volea podía ser máis facilmente neutralizado. Sampras nunca puido ir máis aló das semifinais no Aberto de Francia.
En 1995 conquista 5 títulos incluíndo o seu terceiro Wimbledon (derrota a Boris Becker) e o seu terceiro US Open derrotando a Andre Agassi e tomándose desquite da derrota sufrida ante el na final do Aberto de Australia dese ano. Ese ano converteríase no primeiro xogador en gañar máis de 5.000.000 de dólares en premios.
Foi recoñecido amplamente polo seu xogo completo e o seu espírito competitivo. É o posuidor do récord de títulos de Grand Slam, cun total de 14 (7 en Wimbledon, 5 Abertos dos Estados Unidos e 2 Abertos de Australia). Sampras é tamén o único xogador que logrou manterse durante 6 anos consecutivos ao tope do ránking mundial.
1996 viu cortar a secuencia de 25 vitorias consecutivas de Sampras en Wimbledon véndose sorprendido nos cuartos de final polo holandés Richard Krajicek. Porén ese ano conquistou 8 títulos incluíndo o seu cuarto título e segundo consecutivo no US Open (ante Michael Chang) e o seu terceiro título de mestres en Hannover.
En 1997 conquistou a súa segunda copa no Aberto de Australia (derrotou a Carlos Moya) e o seu cuarto título en Wimbledon (ante Cedric Pioline) así como o seu cuarto trofeo no ATP Tour World Championships en Hannover.
En 1998 converteuse no primeiro xogador da historia en terminar o ano como Nº1 do mundo por 6 anos consecutivos (Jimmy Connors lográrao 5 veces seguidas). Logrou 4 títulos, todos en superficies diferentes, incluíndo o seu quinto Wimbledon nunha final de 5 sets ante Goran Ivanisevic.
1999 foi o ano do seu arquirrival da década, Andre Agassi, o que non impediu que Sampras se fixese co seu sexto título en Wimbledon, xustamente ante Agassi ademais doutros 4. Este ano marcou os primeiros problemas físicos importantes de Sampras que o obrigaron a descansar 2 meses, impedíndolle defender o seu título no US Open e caendo ao Nº3 do ránking. Obtivo o seu 5º torneo do ATP Tour World Championships ante Agassi quen o derrotou previamente na fase de Round Robin.
En 2000 obtivo a súa sétima coroa de Wimbledon ante Patrick Rafter, converténdose no líder histórico de conquistas de Grand Slam con 13 superando a anterior marca de 12 de Rod Laver terminando o seu noveno ano consecutivo dentro do top 3. Alcanzou a final do US Open caendo ante a nova promesa rusa Marat Safin o que repitiría o ano seguinte caendo ante o australiano Lleyton Hewitt.
En 2002 logo dunha tempada de lesións e malos resultados produciu unha sorprendente levantada no US Open alcanzando a final e vencendo nada menos que a Andre Agassi na final en 4 sets no que sería a última presentación de Sampras como profesional. Retirouse en grande conquistando o seu 14º título de Grand Slam e despois de ter demostrado ser un dos mellores tenistas da historia.
No 2005 a revista Tennis Magazine elixiuno como o mellor tenista de todos os tempos.
Sampras xogou o seu primeiro partido despois do retiro nunha exhibición ante Robby Ginepri en Houston no 2006, antes de celebrarse o torneo ATP desa cidade.
Familia e vida persoal
[editar | editar a fonte]Sampras casou o 30 de setembro de 2000 coa actriz norteamericana Bridgette Wilson. Con ela ten dous fillos: Christian Charles e Ryan Nikolaos.
Pete sofre de talasemia, unha enfermidade hereditaria que lle causa anemia.
A súa actitude ante a prensa e o mundo é moi cauta, polo que recibiu críticas pola súa falta de carisma. Igualmente, a súa ética deportiva e de traballo é irreprochábel e os seus resultados falan por si mesmos.
Sábese de Sampras que é un entusiasta dos bos costumes e gústalle ter actitudes de gran cabaleiro. Antes de propoñer casamento á súa esposa chamou aos pais dela para pedirlles a súa man e a bendición.
Sampras é un fanático do equipo de baloncesto Los Angeles Lakers.
Torneos de Grand Slam
[editar | editar a fonte]Campión Individuais (14)
[editar | editar a fonte]Ano | Campionato | Oponente na final | Resultado en final |
1990 | US Open | Andre Agassi | 6-4 6-3 6-2 |
1993 | Wimbledon | Jim Courier | 7-6(3) 7-6(6) 3-6 6-3 |
1993 | US Open | Cedric Pioline | 6-4 6-4 6-3 |
1994 | Aberto de Australia | Todd Martin | 7-6(4) 6-4 6-4 |
1994 | Wimbledon | Goran Ivanisevic | 7-6(2) 7-6(5) 6-0 |
1995 | Wimbledon | Boris Becker | 6-7(5) 6-2 6-4 6-2 |
1995 | US Open | Andre Agassi | 6-4 6-3 4-6 7-5 |
1996 | US Open | Michael Chang | 6-1 6-4 7-6(3) |
1997 | Aberto de Australia | Carlos Moyá | 6-2 6-3 6-3 |
1997 | Wimbledon | Cedric Pioline | 6-4 6-2 6-4 |
1998 | Wimbledon | Goran Ivanisevic | 6-7(2) 7-6(9) 6-4 3-6 6-2 |
1999 | Wimbledon | Andre Agassi | 6-3 6-4 7-5 |
2000 | Wimbledon | Patrick Rafter | 6-7(10) 7-6(5) 6-4 6-2 |
2002 | US Open | Andre Agassi | 6-3 6-4 5-7 6-4 |
Finalista en Individuais (4)
[editar | editar a fonte]Ano | Campionato | Oponente na final | Resultado en final |
1992 | US Open | Stefan Edberg | 6-3 4-6 6-7(5) 2-6 |
1995 | Aberto de Australia | Andre Agassi | 6-4 1-6 6-7(6) 4-6 |
2000 | US Open | Marat Safin | 4-6 4-6 3-6 |
2001 | US Open | Lleyton Hewitt | 6-7(4) 1-6 1-6 |
Títulos (66)
[editar | editar a fonte]Individuais (64)
[editar | editar a fonte]Lenda |
Grand Slam (14) |
Tennis Masters Cup (5) |
ATP Masters Series (11) |
ATP Tour (34) |
Dobres (2)
[editar | editar a fonte]Finalista en individuais (23)
[editar | editar a fonte]- 1991: Filadelfia, Manchester, Masters de Cincinnati, Masters de París
- 1992: Atlanta, US Open
- 1993: Francfort Masters
- 1994: Londres/Queen's Club, Grand Slam Cup (Múnic)
- 1995: Aberto de Australia, Masters de Miami, Masters do Canadá, Lión
- 1996: Masters de Stuttgart
- 1998: San Jose, Masters de Cincinnati, Masters de París
- 2000: Londres/Queen's Club, US Open
- 2001: Masters de Indian Wells, Os Ánxeles, Long Island, US Open
- 2002: Houston
Récords
[editar | editar a fonte]- Xogador con maior cantidade de Grand Slam gañados con 14.
- Único xogador en terminar 1º da clasificación durante 6 anos consecutivos
- Maior cantidade de semanas como Nº1 do mundo con 286 en total
- Un dos 4 xogadores xunto a Jimmy Connors, Ivan Lendl e Andre Agassi en estar máis de 10 anos como top ten, con 12 anos en total.
- Cuarto na historia en cantidade de título con 64
- Terceiro xogador con maior cantidade de torneos Masters Series con 11 (estes torneos impuxéronse a partir de 1990) detrás de Andre Agassi e Roger Federer
- Apareceu en polo menos 1 final de Grand Slam en 11 anos consecutivos (1992-2002), gañando polo menos 1 en 8 deles en forma consecutiva (1993-2000)
- Un de dous xogadores, xunto a Ken Rosewall en gañar Grand Slam como adolescente, nos 20s e aos 30s
- Xogador con maior cantidade de Masters Cup xunto a Ivan Lendl con 5
- A súa récord de Copa Davis é de 19-9 (15-8 en singles) con dúas ensaladeras obtidas (1992 e 1995)
- A súa máis longa secuencia de partidos gañados consecutivamente é de 29
- Décimo primeiro xogador na historia en alcanzar o número 1 do ránking (desde 1973).
- Xogador máis novo en gañar o US Open con 19 anos e 28 días en 1990
- A súa carreira posúe 762 vitorias e 222 derrotas o que fai unha porcentaxe do 77% de partidos gañados sobre 15 anos de competición.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial de Pete Sampras Arquivado 27 de novembro de 2004 en Wayback Machine. (en inglés).
- Perfil ATP (en inglés).