Permafrost
Aparencia
En xeoloxía, denomínase permafrost ou permaxeo[1] á capa permanentemente conxelada nos niveis superficiais do chan das rexións moi frías ou periglaciais como é a tundra. Pode encontrarse en áreas circumpolares do Canadá, Alasca e norte de Europa entre outras, así como na zona de moi alta montaña.
A importancia do permafrost no secuestro de gases de efecto invernadoiro -como dióxido de carbono ou metano que se liberarían pola descomposición de plantas mortas- e a súa liberación polo aumento de temperaturas é considerado un problema climático.[2]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]A etimoloxía de permafrost vén do inglés (perma- de permanent =permanente e frost= xeado), a palabra foi acuñada en 1943 por S. W. Muller.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Léxico panlatino do cambio climático Realiter,
- ↑ "Cartografiando el permafrost ártico". www.esa.int (en castelán). Consultado o 2020-03-04.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Permafrost |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |