Saltar ao contido

Percival Davson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPercival Davson
Biografía
Nacemento30 de setembro de 1877 Editar o valor en Wikidata
Georgetown, Güiana Editar o valor en Wikidata
Morte5 de decembro de 1959 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Paddington, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntenista, esgrimista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade - 1926 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaReino Unido Editar o valor en Wikidata
Deportetenis Editar o valor en Wikidata
Participou en
1912Xogos Olímpicos de 1912
1908Xogos Olímpicos de 1908 Editar o valor en Wikidata

Percival May Davson, nado en Georgetown o 30 de setembro de 1877 e finado en Londres o 5 de decembro de 1959, foi un tenista e tirador de esgrima inglés, gañador dunha medalla olímpica.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Davson xa xogaba torneos de tenis en Inglaterra en 1903. Competiu no Campionato de Wimbledon entre 1907 e 1926 logrando os seus mellores resultados nas edicións de 1914 e 1922 ao chegar a cuartos de final [1]. En 1919 xogou na final da Copa Davis contra Francia, perdendo en catro sets o seu primeiro partido contra André Gobert pero foi decisiva a súa vitoria sobre William Laurentz para desfacer o empate que deu a vitoria a Gran Bretaña[2].

Davson tamén era un tirador de sona, participou nos Xogos Olímpicos de 1908 e nos de 1912, conseguindo nos primeiros a medalla de prata co equipo británico de espada.