Saltar ao contido

Pendant

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Estatuas de san Isidoro e Afonso X o Sabio, de José Alcoverro; pendant na entrada da Biblioteca Nacional de España.

Pendant é un termo empregado na bibliografía da arte, especialmente na expresión "forma pendant", para designar un par de pezas (de pinturas, esculturas ou mesmo de obras de arte decorativas, como reloxos ou candelabros) que están feitas expresamente para se mostraren xuntas nun espazo axeitado (por exemplo, flanqueando unha porta ou formando simetría nun cuarto ou sobre un aparador). Adoitan ter iguais dimensións e proporcións e referirse ao mesmo tema artístico.[1]

Non se debe confundir o pendant co termo pinxante (traducible en inglés e francés como colgante ou pendente ).

En ocasións, se lles pide aos pintores como un encargo especial. Por exemplo, en 1887 M Knoedler & Co, da cidade de Nova York, encargou ao artista Jules Breton que pintara dúas obras: Le Matin e Le Soir. Neste caso concreto, pedíraselle a Breton que desenvolvera máis o personaxe principal que aparecía en A travers champs, obra exposta no Salon de 1887[2]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O significado da palabra francesa pendant é tanto "pendurado"como "semellante" ou "igual"; mentres que a expresión être le pendant vén sendo "se-lo compañeiro de" ou "ser comparable con"; e a expresión faire pendant á significa "facer parella con".[3]

Retratos pendants

[editar | editar a fonte]

Os retratos emparellados (ou pendants) estiveron de moda a mediados do século XVIII en Rusia, mentres que en Europa occidental apareceran moito antes. Normalmente, representaban unha parella casada. Aínda que se podían facer antes da voda, os noivos adoitábanse retratar cando chegaban a unha idade madura. Os retratos na vellez eran menos comúns. En xeral, pintábaos o mesmo artista mais, ás veces, o segundo retrato era pintado por outro artista anos máis tarde.

Os retratos pendants eran do mesmo tamaño e coincidían nas cores, no modelo, nas cores, fondo e outras características. Os modelos adoitan enfrontarse e os dous retratos colgaban xuntos.

  1. "Pendant". nationalgallery.org.uk (en inglés). Consultado o 23-2-2020. 
  2. Bourrut Lacouture, Annette. "Jules Breton". schillerandbodo.com (en inglés). Consultado o 23-2-2020. 
  3. Almeida, Manuel; Dorta, Josefa, eds. (1997). Contribuciones al estudio de la lingüística hispánica: Homenaje al profesor Ramón Trujillo (en castelán). Barcelona: Montesinos / Cabildo de Tenerife. p. 43. ISBN 84-89354-39-1.