Saltar ao contido

Pelophylax

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pelophylax
Rango fósil: Plistoceno-Recente

Pelophylax lessonae
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Amphibia
Orde: Anura
Familia: Ranidae
Xénero: Pelophylax
Fitzinger, 1843
Especie tipo
Rana esculenta
Linneus, 1758
especies

Véxase o texto.

Pelophylax é un xénero de anfibios anuros da familia Ranidae. Foi descrito por primeira vez por Leopold Fitzinger en 1843 para organizar as ras verdes do Vello Mundo, nome co que se coñece este grupo. Viven desde Europa ata o Extremo Oriente, nunha ampa gama de hábitats, desde ambientes húmidos a oasis en desertos. Destas ras verdes só unha especie vive en Galicia, Pelophylax perezi.

Distribución

[editar | editar a fonte]

O seu mapa de distribución abrangue desde o norte de África, Eritrea e Europa temperada cara a Oriente Medio, Rusia polo Cáucaso e Afganistán ata o sur do extremo oriental ruso. Da China a Corea, o Xapón, Taiwán, Camboxa, Laos, Vietnam, oeste e norte de Tailandia, norte de Birmania e nordeste da India. Existen poboacións illadas no Alto Asir e en oasis do leste de Arabia Saudita e Bahrain. Foron introducidas nas illas Canarias.[1] [2]

Sistemática

[editar | editar a fonte]

Fitzinger consideraba as ras verdes distintas das vermellas ou pardas, agora adscritas ao xénero Rana. Describiu o xénero coa especie Rana esculenta, nome que actualmente se considera sinónimo das especies Pelophylax lessonae (Camerano, 1882) e Pelophylax ridibundus (Pallas, 1771). Por tanto, a especie tipo é Rana esculenta Linnaeus, 1758.

Case ningún autor dos séculos XIX e XX estivo de acordo coa proposta de Fritzinger polo que as ras verdes volveron a incluírse no xénero Rana, seguindo a tendencia de incluír neste xénero todas as ras de similares hábitos e aspecto, o que fixo de Rana un caixón de xastre.

Cara ao ano 2000, cando os estudos de xenética molecular se fixeron máis frecuentes e comúns, descubriuse que Fritzinger tiña razón. Non só Pelophylax é un xénero independente senón que pertence a unha liñaxe de Ranidae afastada de Rana. Ademais, púxose de manifesto que as ras verdes eurasiáticas poderían non formar unha liñaxe monofilética. O número exacto de especies do xénero Pelophylax e os outros máis relacionados tardará en establecerse con precisión.[3]

En calquera caso, poderíase dicir que as ras pertencentes a este xénero forman parte dun grupo moderadamente avanzado de Ranidae (posiblemente un clado) que incluiría outros xéneros como Babina, Glandirana, Hylarana e Sanguirana. Estes xéneros estiveron tamén incluídos en Rana e non se constituíron como xéneros independentes ata a década de 1990. E, como lembra a posible parafilia de Pelophylax, parece que algunhas especies asignadas aquí están moi próximas a Hylarana, así que poderían cambiar de xénero. Pero a especiación hibridoxenética está moi estendida entre as ras verdes do Vello Mundo, o que confunde os datos obtidos nas análises de ADN.[3]

A continuación ofrécense as sinonimias, as especies recoñecidas occidentais e orientais e as especies hibridoxénicas ou cleptons que foron nomeadas:

Sinonimia

[editar | editar a fonte]
  • Palmirana Ritgen, 1828. Nomen nudum
  • Baliopygus Schultze, 1891. Tomando como especie tipo Rana ridibunda Pallas, 1771, Max Schultze describiu este xénero, 48 anos despois de que o fixese Fitzinger.

Especies Occidentais

[editar | editar a fonte]

Especies Orientais

[editar | editar a fonte]

Especies hibridoxénicas de Pelophylax (cleptons)

[editar | editar a fonte]

Incertae sedis

[editar | editar a fonte]
  • Hyla ranaeformis Laurenti, 1768. Dubois e Ohler en 1996 consideraron que podería incluírse dentro dalgún membro de Pelophylax e formaron a combinación Rana (Pelophylax) ranaeformis. En calquera caso, mesmo se a inclusión en Pelophylax fose aceptada, o nome debería tratarse como nomen oblitum.
  • Hyla gibbosa Lacépède, 1788.

Orixe das ras verdes europeas

[editar | editar a fonte]
Orixe das principais especies europeas actuais do xénero Pelophylax a partir dos refuxios glaciares tralo último máximo glaciar, segundo Patrelle (2010), Zeisset et al. 2001, Snell et al. 2005, Ohst 2008

A especiación do xénero Pelophylax tivo lugar desde hai 2,4 millóns de anos, favorecida polas oscilacións climáticas do Plioceno e Plistoceno. A fauna e flora europea refuxiouse durante os máximos glaciares nas tres penínsulas do sur: Ibérica, Itálica e Balcánica.[5] Alí deron lugar ás seguintes especies:

  • Pelophylax perezi na Península Ibérica,
  • Pelophylax lessonae na Península Itálica,
  • Pelophylax ridibundus na Península Balcánica.

Ao final da glaciación estas especies espalláronse cara ao norte colonizando amplas áreas e permitindo a hibridación entre as distintas especies.

  1. "Enciclopedia Virtual de los Vertebrados Españoles. Hábitat de P. perezi" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2009. Consultado o 30 de outubro de 2013. Museo Nacional de Ciencias Naturales, Madrid-CSIC. 
  2. ASW (2009)
  3. 3,0 3,1 Cai et al. (2007), Stuart (2008), ASW (2009)
  4. Plötner, J., Baier, F., Akın, C., Mazepa, G., Schreiber, R., Beerli, P., Litvinchuk, S. N., Bilgin, C. C., Borkin, L. e Uzzell, T. (2012), Genetic data reveal that water frogs of Cyprus (genus Pelophylax) are an endemic species of Messinian origin. Zool. Reihe, 88: 261–283. doi: 10.1002/zoos.201200021
  5. Snell C, Tetteh J, Evans IH. Phylogeography of the pool frog (Rana lessonae Camerano) in Europe: Evidence for native status in Great Britain and for an unusual postglacial colonization route. Biological Journal of the Linnean Society (2005) 85:41-51

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]