Pedro Gómez Sarmiento
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Sarmiento.
- Non se debe confundir con: Pedro Sarmiento, dirixente da revolta anticonversa de Toledo de 1449 ou Pedro Sarmiento de Gamboa, navegante e historiador do século XVI.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1478 Ribadeo, España |
Morte | 13 de outubro de 1541 (62/63 anos) Lucca, Italia |
Cardeal | |
18 de outubro de 1538 – | |
Arcebispo de Santiago de Compostela | |
8 de xuño de 1534 – ← Juan Pardo de Tavera – Gaspar de Ávalos de la Cueva → | |
Bispo de Palencia | |
3 de xullo de 1525 – ← Antonio de Rojas Manrique – Francisco Fernández de Córdoba y Mendoza → Diocese: Diocese católica latina de Palencia | |
Bispo de Badaxoz | |
26 de outubro de 1524 – ← Bernardo de Mesa – Pedro González Manso → Diocese: Diocese de Badaxoz | |
Bispo de Tui | |
4 de marzo de 1523 – ← Luis Martiano – Pedro González Manso → Diocese: Diocese de Tui | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Salamanca Universidade de Valladolid |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico |
Pedro Gómez Sarmiento y de Ulloa, nado en Ribadeo en 1478 e finado en Lucca (Italia) o 31 de outubro de 1541, foi un cardeal galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de María de Ulloa e neto de Pedro de Villandrando, Conde de Ribadeo. Foi bispo das dioceses de Tui (1524),[1] Badaxoz, Palencia, (1525-1534), e arcebispo de Santiago de Compostela, (1534-1541). Foi nomeado cardeal polo papa Paulo III o 18 de outubro de 1538, durante o reinado de Carlos I. En Roma usaba o pazo do cardeal Altemps, sede de cardeais españois na Roma renacentista, que ostentaban a denominación cardinalicia de Santiago.
Irmán de Alonso Sarmiento (prior de Aracena, Huelva), a monxa María Sarmiento e de Ana Sarmiento, esposa de Alonso de Aragón, Conde de Ribagorza e Duque de Villahermosa.
Notas
- ↑ "500 años después, de nuevo un ribadense obispo de Tui!". Facebook. 2024-05-25.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 336.
- Prudencio de Sandoval (1610) Antigvedad de la civdad, y iglesia cathedral de tvy, y de los obispos qve se save aya auido en ella, páxina 404.
- "Sarmiento, Pedro". Diccionario enciclopédico galego universal 55. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 22. ISBN 84-7680-429-6.
- "Sarmiento, Pedro". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.