Paz interina
A Paz interina (finés: Välirauhan aika, sueco: Mellanfreden) foi un curto período na historia de Finlandia durante a segunda guerra mundial. O termo é usado para a época que trancorre entre a Guerra de Inverno e a Guerra de Continuación, do 13 de marzo de 1940 ao 24 de xuño de 1941. O Tratado de paz de Moscova, que levou a este período, fora asinado por Finlandia e a Unión Soviética o 12 de marzo de 1940 tras os 105 días da Guerra de Inverno entre os dous países.
O período despois da sinatura do tratado foi só provisional na inestable Europa da segunda guerra mundial. Tanto os soviéticos como os fineses estábanse preparando para unha nova guerra, mentres os primeiros premían politicamente aos segundos. A comezos de 1940 Finlandia demandou unha alianza con Suecia, pero tanto a Unión Soviética como Alemaña opuxéronse a ela. En abril Alemaña ocupou Dinamarca e Noruega, e en xuño a Unións Soviética fixo o mesmo cos Países Bálticos. No ano seguinte Finlandia negociou a súa parte na invasión alemá da Unión Soviética.