Patti, Italia
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | Italia | ||||
Rexión con estatuto especial | Sicilia | ||||
Cidades metropolitanas | Metropolitan City of Messina (en) | ||||
Capital | Patti | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 12.699 (2023) (253,57 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 50,08 km² | ||||
Altitude | 157 m | ||||
Comparte fronteira con | Gioiosa Marea (pt) San Piero Patti (pt) Montagnareale (pt) Montalbano Elicona (pt) Librizzi (pt) Oliveri (pt) | ||||
Santo padrón | Febrônia de Nísibis (pt) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 98066 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 0941 | ||||
Identificador ISTAT | 083066 | ||||
Código catastral italiano | G377 | ||||
Sitio web | comune.patti.me.it |
Patti é unha cidade e comuna de Italia da rexión de Sicilia e provincia de Messina, que forma parte da súa área metropolitana, da que é a quinta comuna máis poboada. É coñecida polas ruínas de Tíndaris, famosas polo seu antigo teatro de orixe grega e a Vila Romana.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Patti, a unha altitude media de 157 msnm, está situada no centro do golfo homónimo que vai do cabo Milazzo ao cabo Calavà.
A cidade, ademais de ser a sede histórica de numerosas institucións, oficinas administrativas e servizos de interese público, é tamén a sede dun distrito xudicial e do bispado da diocese de Patti, unha das máis antigas de Sicilia, que inclúe 41 municipios.
O municipio ocupa unha superficie de 50,08 km².[1] Segundo o censo do 31 de agosto de 2020 contaba con 12 882 habitantes,[2] polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 257,23 hab./km².
Dista 76 km da capital provincial, e está conectada co resto de Sicilia por tren, a través da estación de ferrocarril Patti-San Piero Patti, situada na liña férrea Mesina-Palermo, e a autoestrada A20 Palermo-Mesina.
Demografía
[editar | editar a fonte]Gráfica de evolución demográfica de Patti, Italia entre 1861 e 2001 |
Fonte ISTAT - Elaboración gráfica de Wikipedia |
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome da cidade deriva do grego Ἐπακτήν (Epaktḗn) "preto das augas", "entre as augas", "na costa". Á luz das recentes escavacións e estudos posteriores, a orixe da cidade pode remontarse a un período que vai desde o século XV a.C. até o século VIII a.C.[3]
Historia
[editar | editar a fonte]A orixe e a historia de Patti están intimamente ligadas ao declive da antiga cidade grecorromana de Tíndaris, a súa aldea e un dos sitios arqueolóxicos máis importantes de Sicilia.
A primeira información histórica que testemuña a existencia da cidade de Patti remóntase a 1094, cando o Gran Conde Roxerio I de Sicilia fundou o mosteiro beneditino de San Salvador.
En 1131 erixiuse a diocese de Patti e Lipari, e en 1399 dividiuse en dúas dioceses distintas. O centro de Patti desenvolveuse, e sempre asumiu unha maior importancia económica e administrativa en toda a zona de Messina, senón, non se xustificaría a parada que o corpo do emperador do Sacro Imperio Frederico II Hohenstaufen, falecido en Puglia, fixo na catedral de Patti antes de ser enterrado en Palermo.
O nobre Antonino Natoli, barón de Messina e membro da familia do rei Carlos I de Anjou, marido de Francesca, filla de Girolamo d'Amato, cuxos fillos foron Simone e Gerardo Natoli, viviu en Patti desde a primeira metade do 1300.[4]
O rei Afonso V de Aragón titulouna Tyndarium et Pactarum urbs nobilissima et magnanima (Tindari e Patti, unha cidade nobilísima e magnánima).
Os restos mortais de Adelaida del Vasto, terceira esposa de Roxerio I de Sicilia, e raíña consorte de Xerusalén polo seu matrimonio con Balduíno I de Xerusalén, repousan na Catedral de Patti.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Datos do ISTAT 2015 Arquivado 26 de xaneiro de 2021 en Wayback Machine., en demo.istat.it. Consultado o 5 de agosto de 2021.
- ↑ Datos do ISTAT. Poboación residente ao 31 de agosto de 2020 Arquivado 27 de xullo de 2020 en Wayback Machine.. Consultado o 5 de agosto de 2021.
- ↑ A tese sobre a orixe está amplamente documentada no xacemento de Nauloco do centro tirrénico.
- ↑ Teatro Genologico Delle Famiglie Nobili Titolate Feudatarie Ed Antiche... - Filadelfo Mugnos - Google Libri, Filadelfo Mugnos, "Teatro Genologico Delle Famiglie Nobili Titolate Feudatarie...", Volume 2, p. 245, Palermo, 1647.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Patti, Italia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fasolo, Michele (2003): Tyndaris e il suo territorio I. Introduzione alla carta archeologica del territorio di Tindari. Roma: MediaGEO. ISBN 978-88-9087-551-9.
- Fasolo, Michele (2014): Tyndaris e il suo territorio II. Carta archeologica del territorio di Tindari e materiali. Roma: MediaGEO. ISBN 978-88-9087-552-6.
- Irato, Filippo (1976): Patti nella storia. Milazzo: Spes.