Saltar ao contido

Partitocracia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A partitocracia ou partidocracia é o termo que define a burocracia dos partidos políticos. Designar o sistema de goberno no cal, aínda que teoricamente se vive en democracia, os actores principais e únicos do panorama político son os grandes partidos políticos. Estes a base dun sistema democrático de turnismo vanse pasando o goberno de forma consecutiva, coartando as posibilidades de que os cidadáns expresen a súa vontade real máis aló dos partidos xa existentes. Partindo da base de que os partidos son unha necesidade, os cidadáns vanse arredando deles e buscan outras canles para intervir, o que leva á creación dos chamados "grupos de presión". En moitas ocasións tamén vén asociado a sistemas bipartidistas.

"A partitocracia constitúe unha deformación sistemática da democracia. Cada partido ten sistematicamente que atacar o outro"
Gustavo Bueno, filósofo español

.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]